• Segue conectado
  • |

Concurso comparsas de entroido en Gondomar

 

Gondomar | A concellería de cultura dirixida por Nuria Lameiro convoca o concurso de comparsas de entroido cos seguintes premios: unha axuda de 1000 € para a gañadora, 800 € para a segunda clasificada, 600 € para a terceira; 6 axudas de 350 € e outras 6 axudas de 200 € para as seguintes clasificadas.

O desfile celebrarase o día 26 de febreiro a partir das 16h circulando polas principais rúas de Gondomar. Un xurado composto por 7 persoas será o encargado de elixir os gañadores, tendo en conta detalles cómo o vestuario, a maquillaxe, a escenografía e a música en directo. Non está permitido que participen cabalos ou outros animais no desfile.

O mínimo de participantes de cada comparsa é de 20 persoas, este mínimo deberá estar composto por maiores de 18 anos. As comparsas interesadas terán que inscribirse no rexistro do Concello a través da Sede Electrónica, o prazo remata as doce da madrugada do día 12 de febreiro. A documentación que deben aportar cada un dos grupos varía no caso de que se presenten como comparsas de agrupacións xa rexistradas ou cómo agrupacións informais.

No caso das primeiras, as agrupacións deberán acreditar que se atopan rexistradas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia; ademáis da documentación: DNI do representante legal, CIF da entidade, declaración xurada de non perseguir fins lucrativos con dita actividade, certificar que se atopan o corriente das súas obrigas fiscais e un orixinal de certificado da conta bancaria.

As comparsas de agrupacións informais únicamente deberán presentar o certificado da conta bancaria orixinal, fotocopia do DNI do representante e o Anexo 1 asinado e cuberto. Neste caso a documentación poderá entregarse, ademáis de a través da Sede Electrónica, de forma física no Rexistro do Concello.

Os grupos pre-inscritos serán convocados, unha vez sexa confirmada a su participación ,a unha reunión no Concello o día 20 de febreiro as 19h, para informar os responsables de cada grupo dos pormenores do desfile.

Publicado o 8 Feb 2017 en Gondomar.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies