• Segue conectado
  • |

Concerto extraordinario de outono da Banda de Música Xuvenil de Xinzo

Ponteareas | O domingo 27 de agosto, ás 19:00h, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo ofrecerá un concerto extraordinario no auditorio municipal de Ponteareas en colaboración co guitarrista Xosé Antonio Rodríguez, músico e docente na especialidade de guitarra no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.

A Banda de Música de Xinzo, interpretará un programa de elevada dificultade técnica e formado por pezas de orixes e características moi diversas. Os asistentes poderán escoitar obras que irán dende o pasodobre galego, ata o poema sinfónico, pasando pola pequena sinfonía para orquestra de ventos.

O concerto estará dirixido por Javier Blanco, Director titular da Banda de Música Xuvenil de Xinzo, o cal convida a todos os amantes da música a que acudan a dito concerto e gocen con este interesante e agradable programa. “Esta cita representa para a banda a primeira meta no proceso de preparación dun repertorio complexo e ó que lle dedicamos moito esforzo. Cremos que é moi importante incluír concertos destas características na nosa programación, tanto polo que supoñen no proceso formativo dos alumnos da nosa escola e dos membros da banda, como pola labor de difusión que se realiza, xa que non hai moitas oportunidades de escoitar este tipo de repertorio ou a solistas do nivel de Xosé Antonio Rodríguez”.

A entrada ao auditorio municipal será libre, ata completar o aforo máximo de 500 persoas.

Publicado o 24 Out 2019 en Cultura, Ponteareas, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies