• Segue conectado
  • |

Chus Garrote, nova Secretaria Xeral do PSdG-PSOE de Ponteareas por unanimidade

O PsdG-PSOE de Ponteareas renovou a súa executiva local

Ponteareas/PSOE | Chus Garrote toma o relevo de Delfín Domínguez como Secretario Xeral, a quen tanto ela como o resto de militantes non perderon a oportunidade para agradecerlle todo o traballo realizado durante os últimos 5 anos de liderado, con quen a tenente de alcalde comezou a súa andaina política tendo a ocasión de herdar os froitos da experiencia deste compañeiro co que deu os primeiros pasos e co que traballou ata hoxe.

Con estes froitos, acadou o goberno municipal e sendo ademais o único partido que aumentou o número de votos e escanos. A nova Secretaria Xeral tamén agradeceu a tódolos militantes o apoio e confianza e adianta que, como ata agora, seguirá buscando o mellor para os intereses dos ponteareáns e ponteareás segura de que os tempos son outros e de que a cidadanía precisa gobernos renovados que vivan coas necesidades de todos.

Con todos os votos a favor, a socialista ponteareá, Chus Garrote, primeira tenente de Alcalde do Concello de Ponteareas e concelleira de Urbanismo, Vías e Obras e Alumeado, ven de ser elixida nova secretaria xeral do PSdG-PSOE de Ponteareas. Na asemblea ordinaria celebrada este venres, os socialistas de Ponteareas non dubidaron das capacidades da actual Tenente de Alcalde e votaron de xeito unánime a súa candidatura, que estará formada por Vanesa Fernández como Vicesecretaria xeral; Gustavo Carrera, como Secretario de Organización; Francisco Candeira como Secretario de Política Municipal; Inés Vidal como Secretaria de Igualdade; Diego Mo, como Secretario de Comunicación; Maripaz Boente, como Secretaria de Administración e Alfonso Prego como Secretario de Acción Electoral. O Comité Provincial quedou tamén liderado por Chus Garrote, Gustavo Carrera, Manolo Pérez, José Manuel Sebastián e Maripaz Boente, mentres que Vanesa Fernández e Alfonso Porto lideran o Comité Nacional.

Máis de quince anos de traballo nas filas socialistas e a ilusión e a seguridade de que en Ponteareas o partido socialista ten moito por facer. “Liderar un equipo de xente ilusionada e vital é un dos atractivos do meu novo cargo, que afronto nesta carreira para as próximas eleccións e síntome arroupada polos militantes”, afirma Chus Garrote ó igual que “os obxectivos da nova executiva son: aumentar e fortalecer o número de militantes, trasladar á cidadanía todo o traballo que dende o Concello se está a realizar, ademais de reforzar a confianza dos cidadáns no Partido Socialista, para aumentar o número de Concelleiros e chegar a conseguir a Alcaldía nas próximas eleccións municipais.

Os fins do Partido Socialista Pontareá son mellorar a calidade de vida dos cidadáns, facer de Ponteareas unha cidade sostible, para convivir e disfrutar do noso patrimonio (a música, o Corpus, o entorno do río…)

Ter en conta a demanda dos cidadáns en canto ó aumento dos aparcamentos e a mellora da iluminación, son dúas das prioridades que temos presentes nesta lexislatura.

Publicado o 23 Xan 2018 en Ponteareas.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies