Chega a Ponteareas a segunda edición da ToyotaIbericar Auto EnduroMtb
PONTEAREAS | Unha proba para os amantes da bicicleta de montaña que terá lugar os días 20 e 21 de febreiro no monte da Picaraña
Xa está aberto o prazo de inscrición a través desta ligazón. O monte da Picaraña servirá como circuíto de competición durante os vindeiros días 20 e 21 de febreiro da ToyotaIbericar Auto Enduro MTB, unha modalidade enmarcada no ámbito da bicicleta de montaña que se sitúa nun punto intermedio entre o cross country e o descenso.
O percorrido transcorrerá por terreos tales como pistas, camiños, sendeiros, bosques ou estradas asfaltadas. O Club Ciclista XtremBike é o organizador dunha proba na que xa están inscritos máis de 30 participantes e na que colabora a concellería de Deportes que xestiona Benito Márquez.

Outros artigos
-
O BNG anima a participar na folga feminista convocada para o 8 de marzo e nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego
-
Conservatorios, Concellos e Deputación reclaman a financiación á Xunta para os Centros Musicais
-
O Alcalde suspende o Pleno para non votar a súa Dimisión
-
É “clave” a unidade das forzas políticas e sociais para que Fomento execute a Circunvalación e a mellora da seguridade da N-120