• Segue conectado
  • |

Cerveira-Tomiño presentados como exemplo de mobilidade sustentable en cooperación transfronteiriza

A Unidade de Misión para a Valorização do Interior (UMVI), de Portugal, concedeu a Bandeira "Vila de Excelência - Nivel II" a Cerveira polo seu traballo cooperativo

Tomiño Bandeira de excelencia

Tomiño | A Coordinadora da Unidade de Misión para a Valorização do Interior (UMVI) de Portugal, Helena Freitas, reiterou en Vila Nova de Cerveira, “a exemplar estratexia encetada por dous concellos de dous países” e que, cos novos proxectos en perspectiva, “só engadirán maior dinámica e valor a este territorio común”. As declaracións foron feitas durante o izado da Bandeira “Vila de Excelência – Nivel II” a Cerveira-Tomiño.

Nunha cerimonia simple, mais cargada de simbolismo, o municipio cerveirense, e por extensión, o seu homólogo tomiñés, viu recoñecido pola Rede de Cidades e Vilas de Excelência, o meritorio traballo desenvolvido en prácticas innovadoras nos eixes da mobilidade e da rexeneración de ámbito transfronteirizo.

Afirmando a importancia do río Miño e da implementación de políticas ambientais, o primeiro edil cerveirense, Fernando Nogueira, afirmou que a cooperación transfronteiriza entre Cerveira e Tomiño ten crecido sostidamente, mais coa ambición enfocada no paso seguinte. “Recentemente foron aprobadas dúas candidaturas no Interreg V A, unha da Axenda Estratéxica da Amizade Cerveira-Tomiño, e outra para o proxecto de ampliación do Parque Transfronteirizo Castelinho-Fortaleza con cerca de 20ha, que inclúe o proxecto da travesía peonil e ciclável sobre o río Miño, e que fará a conexión deste espazo. Esta bandeira é o recoñecemento dos nosos proxectos”, explicou Fernando Nogueira.

Pola súa banda, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, subliñou a intensificación da cooperación transfronteiriza “conseguida os últimos anos, con varios mecanismos para desfronteirizar cada vez máis os territorios”. A rexedora reiterou a implementación do concepto de mobilidade sustentábel “a través do tren, a Ponte da Amizade, a futura travesía peonil, e o aproveitamento común de recursos e equipamentos”.

Á súa vez a Paula Teles, da Rede de Cidades e Vilas de Excelência, eloxiou o traballo desenvolvido por Vila Nova de Cerveira. “Ter dous territorios de dous países distintos a traballar en prol do mesmo obxectivo é innovador na nosa Rede. É preciso mudar mentalidades en prol destes conceptos e este é un bo exemplo”, asegurou.

Publicado o 1 Xul 2017 en Tomiño, Vila Nova de Cerveira.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies