• Segue conectado
  • |

“Castelao recoñece que Galicia é unha nación con tódolos dereitos”

O economista, escritor, político e presidente da Fundación Castelao, Carlos Mella, falou da “existencia e presenza política” do emblemático intelectual máis universal

Madrid | “Castelao non é separatista; para él o separatismo é unha idea anacrónica e non pode ser o ideal de ningún galego”, dixo o presidente da Fundación Castelao, Carlos Mella no relatorio “Castelao: existencia e presenza política”, que pronunciou na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia. E engadiu que “Castelao recoñece que Galicia é unha nación con tódolos dereitos, pero que está disposta a renuncia deses dereitos, en xusta correspondencia dos dereitos dos outros, para construir unha España forte”.

Na tribuna estiveron o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia José Ramón Ónega; o avogado, expresidente do Consello de Contas de Galicia, e patrono de la Fundación Castelao, Xesús Palmou e máis o conferenciante, Carlos Mella.

Para Ónega, “Castelao ensinounos o que era a emigración e o exilio. Esa Galicia desterrada e profunda, doente e sentimental”. Citando a Castelao sinalou que “o verdadeiro heroísmo consiste en converter os soños en realidades e as ideas en feitos”. Tamén expuxo una breve reseña sobre Mella. Carlos Mella (A Estrada, 1930), é economista, escritor e político: é Doutor en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e Diplomado en Economía Financieira pola Sorbona. Foi Director Xeral de Política Financieira no Goberno Central, profesor de Economía Política na Complutense de Madrid, Vicepresidente da Xunta de Galicia, conselleiro de Economía e Facenda e deputado no Parlamento Galego en de los legislaturas. Foi tamén presidente da Asociación de Escritores en Lengua Galega durante catro anos.

Mella empezou a súa disertación lendo o documento editado polo Goberno cando morreu Castelao en Bós Aires, no que o chamaba separatista, e contiñas as indicacións precisas de cómo había que tratar a noticia nos medios de comunicación (páxinas interiores, fotos pequeñas e sin mencionar algúns libros e debuxos…). “Castelao deixou todo o seu pensamento escrito polo que non hai ninguha dúbida, así que está claro que non era separatista como se di no documento. En relación a palabra nación, como é polisémica, pode ter moitas lecturas”. “Castelao ó se convertiren en dirixente emblemático do galeguismo, mesmo do nacionalismo galego foi reclamado por tódalas tendencias do abano político e, non poucas veces, o seu pensamento veuse deturpado. Por elo é necesario facer un mínimo resumo da cosmovisión de Castelao para comprender millor a súa teima por facer presente políticamente a existencia real de Galicia”.

Mella explicou que “Castelao mirou a Galicia e non lle gustou o que víu. Onde outros miraban prados verdescentes, paisaxes engaioladores, solpores tinguidos de rubios e amárelos e demáis poéticas belezas, el mirou un país asoballado, pero non se deitou na queixa fácil senon que se puxo a tarefa de remediar os atrancos loitando coas armas democráticas da palabra, a escrita e o dibuxo”.

O relator sinalou que Castelao “se preguntaba por qué un país de tan acusada personalidade e de identidade ben definida non foi quén a converter a súa existencia en presencia política. E decir, analiza teimudamente a discordancia entre o que é Galicia e o que pesa no concerto político”.

“Canto máis o leo máis me gusta”, dixo. “Que Galicia existe xeográfica e socialmente e un feito evidente. Que Galicia exista políticamente e cuestión merecente dunha cer reflexión. A existencia real está garantida polo pobo, pero a presencia política realízase a traveso dos deus representantes e estes non cumpliron .Por iso Castelao pide un estado federal que permitiría que a presencia política de Galicia fose moito máis efectiva.

“Os partidos nacionalistas non foron quén de ilusionar ós galegos,non conseguiron consolidarse como movemento de masas. En realidade e para desgracia de Galicia, a historia do nacionalismo parecese moito a historia dun fracaso”.

Trala exposición abriuse un animado coloquio onde os asistentes poideron preguntar todalas dúbidas.

Publicado o 26 Xuñ 2017 en Aldea Global, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies