• Segue conectado
  • |

Carles Vila invitou a cambiar a perspectiva sobre os e as adolescentes na III Semana da Educación de Tomiño

O educador social e mestre na Universidade de Barcelona recalcou a importancia de camiñar ao seu carón sen “proxectar expectativas” adultas

Tomiño |  Recordar que as persoas adultas tamén foron adolescentes nalgún momento da súa vida. Esa foi a clave proposta por Carles Vila na xornada do mércores da III Semana da Educación, na que este educador social e mestre da Universidade de Barcelona axudou ao público asistente a reflexionar sobre ‘Como escoitamos e miramos ás persoas adolescentes?’ e como iso afecta directamente a esas persoas en pleno proceso de formación e en pleno camiño cara unha vida adulta.

Ante un auditorio de Goián ateigado, Vila recalcou a importancia de cambiar a perspectiva que as persoas adultas teñen cara as e os adolescentes e a educalos en corresponsabilidade e cooperación, camiñando xuntos e sen proxectar neles as expectativas propias dos maiores que conforman o seu ámbito familiar. Ademais, avogou por xerar espazos de encontro e de confianza no que ofrecer a eses e esas adolescentes a suficiente liberdade para que se desenvolva de xeito natural e que serva, ao mesmo tempo, de punto de comunicación coas persoas adultas. Para Vila, “moitas veces a clave é estar disposto e dispoñible”.

Publicado o 23 Feb 2018 en Educación, Tomiño, Universidade.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies