• Segue conectado
  • |

A campaña “Decora o teu Verán” xa luce polas rúas de A Guarda

campaña decora o teu verán

A Guarda | A campaña “Decora o teu Verán”, promovida pola Concellería de Cultura e na cal participan seis asociacións da vila guardesa, pretende unha vez mais decorar prazas ou lugares significativos da nosa vila para fomentar o traballo en equipo, visualizar as asociacións e pór en valor o noso patrimonio.

Nesta ocasión as rúas guardesas lucen con motivos castrexos, xa que se quixo buscar unha vinculación coa II Festa Castrexa e co Centenario do MASAT.

Nesta ocasión as zonas decoradas foron a Torre de Fenosa que está na entrada a Guarda a cargo de Xamaraina, os “bloques” da Praia do Carreiro pintados pola Sociedade Atlética do Trega, a Praza do Reló decorada por Vento Mareiro, a Praza da Cabina por San Xerome, a Alameda da Guarda por Fibromiño e o Centro Cultural a cargo de O Percamino.

Ademais desta iniciativa, salientamos tamén a decoración por parte do comercio local das nosas rúas, acompañando a esta II Festa Castrexa organizada polas Comunidades de Montes da Guarda, Camposancos e Salcidos.
Dende a Concellería de Cultura queremos agradecer o traballo realizado polas asociacións e comerciantes, colaborando para que a nosa vila sexa un referente e para que os nosos veciños e visitantes desfruten do noso paisaxe, gastronomía, cultura e comercio.

Así como tamén pregamos que a cidadanía respete estes traballos e coidemos entre todos a nosa vila.

Publicado o 17 Xul 2017 en A Guarda.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Faga click no enlace para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies