• Segue conectado
  • |

Brais Pino proclámase en Las Vegas campión do mundo de billar

O ponteareán conseguíu o primeiro posto xunto a Fran Doval, Raúl Esmorís, Manuel Montejo e Carlos Gómez

Ponteareas | O concelleiro de Deportes en funcións, Benito Márquez, en nome de todo o goberno felicita ao xogador do Club de billar Sportivo, Brais Pino que conseguíu o primeiro posto por equipos no Campionato do Mundo amateur que se celebrou en Las Vegas do 23 nas pasadas semanas e no que competiron un total de 350 equipos.

O ponteareán, que representaba a España xunto aos seus compañeiros de equipo, Fran Doval e Raúl Esmorís de Lugo, Manuel Montejo e Carlos Gómez de Mallorca; tamén conseguíu o nomeamento “All Stars” polo seu bo rendemento nas dúas semanas de duración do campionato.

Neste mundial o xogador de Ponteareas acadou en individual bola 9 o noveno posto e en bola 8 o décimo terceiro posto.

Publicado o 10 Xuñ 2019 en Participación Cidadá, Ponteareas, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies