• Segue conectado
  • |

Brais Currás e Mar Cortegoso falaron sobre as salinas na segunda Barferencia de Inverno na Guarda

O pasado xoves día 27 de decembro a Cafetería Alameda foi o escenario escollido para a realización da segunda Barferencia de Inverno 2018.

A Guarda | Neste casso contouse coa presenza de Brais Currás e Mar Cortegoso, que falaron sobre as Paisaxes de sal na Costa Atlántica, ámbolos participaron e coordinaron as escavacións arqueolóxicas realizadas recentemente nas Salinas do Seixal baixo o Proxecto “A Guarda, Mar de Sal”.

Cunha afluencia masiva que completou o aforo do local, Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, deu a benvida aos presentes e deu paso a Brais Currás, que falou sobre estas excavacións onde, pouco a pouco, saíron á luz moitas partes do complexo salineiro do Seixal, coma as estruturas que delimitan as zonas de cristalización do sal ou os pavimentos, uns traballos que contaron tamén coa participación de voluntarios e estudantes de varias universidades.

«A Guarda, Mar de Sal» é un proxecto de recuperación e posta en valor das salinas da zona do Seixal e Camposancos, na fachada atlántica sur do termo municipal da Guarda e, que continuará no ano 2019 ao amparo das estratexias de desenvolvemento local participativo EDLP GALP7-066 aprobadas polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro para o desenvolvemento sostible das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020, baixo a coordinación científica de D. Brais Currás.

O obxectivo do proxecto é o desenvolvemento económico local a partir da posta en valor das paisaxes do sal da Guarda como ben patrimonial concibido como ferramenta para a promoción dun turismo sustentable e de calidade, pero tamén como un medio cultural para o reforzo da identidade mariñeira e a cohesión social das comunidades ligadas ao mar.

As escavacións das salinas da Guarda, puxeron de relevancia a importancia destas Salinas para o Imperio Romano e que estas forman parte dun complexo moito maior, o maior documentado do Imperio Romano.

As Barferencias de Inverno continúan o vindeiro 11 de xaneiro con «Historia da Fábrica das Cachadas» a cargo do historiador rosaleiro Xoan Martínez Tamuxe ás 20:30h no Bodegón Os Seixiños.

Publicado o 28 Dec 2018 en A Guarda, Cultura, Patrimonio, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies