• Segue conectado
  • |

Bará acada o compromiso do PP para resolver os resíduos de lindano no concello de O Porriño

O estudo realizado en 1999 confirmou a localización de solos contaminados no Polígono das Gándaras e Torneiros e recentemente no lugar de Contrasto tralas obras de saneamento

O deputado por Pontevedra, Luis Bará acadou hoxe o compromiso do grupo parlamentar do Partido popular na comisión de Medio Ambiente para iniciar as medidas necesarias contra os riscos á saúde dos solos contaminantes por lindano no concello do Porriño.

O nacionalista lembrou que o estudo realizado no ano 1999 confirmou a localización de solos contaminados por lindano no Polígono das Gándaras e Torneiros así como a presenza deste produto no lugar de Contrasto despois de realizar as obras de saneamento.

O texto da proposición non de lei do BNG, transaccionado co PP e Psoe contou coa unanimidade da comisión para instar ao Goberno galego a:

1. Rematar, no tempo máis breve prazo posible, o estudo exhaustivo que se está realizando sobre os solos contaminados con lindano no concello do Porriño.

2. Tras os resultados do estudo e localizadas as zonas contaminadas, realizar en colaboración co concello un proxecto de descontaminación das zonas afectadas que deberá comezar a executarse ao longo do ano 2018.

3. Continuar adoptando en colaboración co concello de Porriño as medidas preventivas necesarias para evitar riscos para a saúde das persoas.

3.bis, Colaborar coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil co concello para garantir o abastecemento de auga á poboación afectada.

Na súa intervención, o deputado do BNG lembrou que o lindano comezou a ser coñecido a finais dos anos 40 e mediados dos 60. A empresa Zeltia, explicou Bará, sintetizou Lindano, un hexaclorociloexano utilizado para a fabricación de insecticidas. Os residuos cristalizados xerados neste proceso de fabricación foron empregados como material para a construción de camiños e estradas, así como en recheos en diversas obras a pesar da alta toxicidade do produto cuxos efectos incrementáronse co paso do tempo provocando un grave risco para a saúde e o medio ambiente.

O parlamentario nacionalista recibiu con satisfacción o acordo acadado hoxe no Parlamento galego e anunciou que o BNG vixiará o cumprimento deste acordo que fai imprescindíbel a actuación da Xunta de Galiza para procurar unha solución definitiva á contaminación de solos e pozos de auga no concello do Porriño.

Publicado o 15 Dec 2017 en O Porriño, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Faga click no enlace para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies