Baleirando o meu piorno.

Levamos un ano 2019 contando tamén co anterior, que todos os días nos deixa de pedra;as noticias son de todo tipo. Imos referirnos a unha cantas que nos pareceron “máis curiosas”, por chamarlle dalgún xeito.

O nº 3 do Vaticano, o cardeal George Pell, foi condenado por violar a un neno de 13 anos e abusar doutro. Era conselleiro directo do papa Francisco e Superministro de Finanzas.

Diante de noticias coma esta que podemos pensar da Igrexa Santa Apostólica e Romana? Con que cara poden os representantes de Cristo, menudos respresentantes!! Aconsellar aos fieis que deben ser puros e castos porque así o esixe a conduto moral da Igrexa de Deus?

Celia Villalobos, unha antigualla política dos tempos de Matusalén, declárase indignada polas declaración do seu Xefe Casado sobre o aborto e o divorcio. Ela que foi ministra de Sanidade no seu día di que se lle abren as carnes cando escoita as declaracións dos representantes de VOX. Fará campaña en contra destes energúmenos e do seu partido? Veremos en que queda a cousa.

Estamos rodeados de sinais eléctricos. En 2018 había un total de 5.100 cidadáns que posuían un teléfono móbil; un terzo da poboación mundial. Pero anunciannos que nos vindeiros sete anos outros 700 millóns van dispor de teléfonos móbiles intelixentes (smartphones). O número de tarxetas xa está nos 7.900 millóns.

O curioso destas cifras é que os cidadáns están cada vez máis sós.Poden comunicar coa NASA pero non falan co veciño do 5º. Como lle chamarán a estes avances científicos?

O Goberno di estar disposto a sacar a Concurso antes de que remate efectivamente a lexislatura un mogollón de postos de traballo. Ten que aprobar decretos lei e logo levalos ao parlamento ou a ese míni parlamento que se constitúe ata que se forme un novo goberno, que ten os mesmos poderes que o actual Parlamento.

Cidadáns e PP botan as mans a cabeza porque din que iso é facer trampa; o goberno levounos eses acordos ao actual Parlamento e agora quere sacalos adiante de présa e correndo. Claro que poden votarlle en contra e acabouse o asunto, pero temen que votando en contra de medidas sociais (bolsas para alumnado, axuda para garderías, etc.) os votantes se cabreen e lles pasen factura. Veremos en que queda a cousa.

Españoles, Franco resucitou; arriba España!! Lémbranse da cara do presidente do goberno, Aria Navarro, cando morreu Franco e saiu na televisión para anunciar a”boa nova?. Pois agora alguén estáo emulando. Franco está presente nas tertulias, nas discusións políticas, nas campañas electorais. Terá resucitado?

O Goberno de Pedro Sánchez pretendía exhumar os restos do Ditador da Basílica do Val dos Caídos pero as cousas estánselle torcendo. De socato, un avogado franquista presenta ducias de recursos contra a autorización do concello para que se poida exhumar. Alegan que hai perigo de derrubamento no intento de sacar a momia da sepultura onde está enterrado. Todo para torpedear a acción do Goberno e atrasar e dificultar a exhumación.

O goberno di que antes de rematar, definitivamente, a lexislatura o vai conseguir. Nós temos as nosas dúbidas. Se os franquistas se erguen “en armas legais” contra o intento do Goberno vano ter difícil.

O máis curioso é que os partidos chamados constitucionalistas (deberan chamarse franquistas reconvertidos) PP e Cidadáns non se preocuparan de dotar a Lei de Memoria Histórica un só céntimo de euro para que se poidan limpar as gabias de todo o Estado Español onde seguen sepultados miles e miles de españois que cometeron o enorme erro de ser honrados/as socialistas ou comunistas; nalgún casos nin sequera iso, con que o cacique franquista da vila o tivera debaixo do ollo era suficiente para “ser paseado”. Franco, coma o Cid Campeador, segue cabalgando polas vidas dos españois despois de morto.

Hoxe declararon no procés Rajoy e Montoro. As declaracións de cada quen tiveron unha liña argumental, por dicir algo, totalmente diferente; eu diría oposta. No caso de Rajoy insistiu unha e outrra vez que el fixera o que calquera presidente dun goberno dun país civilizado coma este debe facer: non permitir que ninguén rompa o país.Asi llo fixo saber a cantos cataláns tentaron negociar con el, aínda que tivo importantes lagoas mentais para lembrar feitos importantes que a defensa dos cataláns tentou levar ao seu rego. Unha comparecencia moi frouxiña; impropia dun exPresidente do Goberno. Cando lle preguntaron pola violencia da policía, se tiña aberto algún expediente por ese comportamento non soubo por onde saír. Desviou os tiros aos seus subalternos. Resultado, deu por feito que a violencia foi a da policía sobre os cidadáns que pretendían votar. Veremos en que queda a cousa.

No caso de Montoro o panorama cambiou substancialmente, de tal maneira que nalgúns momentos se podía pensar se aquel home era proposto pola defensa e non pola acusación. Así resultou. Eu creo que a obsesión de Montoro tentando demostrar que os dispositivos postos en marcha polo seu departamento exerceron un control férreo sobre os órganos da Generalitat para que non puideran dispoñer dos cartos que lle chegaban dende Madrid alegremente. O avogado, obviamente, insistía precisamente nese control, deste xeito quería chegar a que Montoro confesase, como así fixo, que aos catalán éralles moi dificil gastar un euro sen que Madrid se decatara. Isto, levado ás últimas consecuencias, dinos que lles vai resultar difícil acusalos de malversación de fondos públicos porque, segundo Montoro el tiña o control dos recursos públicos.

Mestre retirado. Realizou estudios de Filosofía e Letras, Dereito e Ciencias Políticas, Francés e Galego. Un dos fundadores da UCSTE, foi membro do consello nacional do «Movemento de Mestres». Fundador de «A PENEIRA» (1984). Director de «Novas do Eixo Atlantico»