• Segue conectado
  • |
Artigos de Xosé González Martínez
Director da revista Lingua e Dereito. Presidente da Fundación dos premios da Crí­tica de Galicia. Secretario da Asociación de Amigos do Couto Mixo. Colaborador da Enciclopedia Galega Universal e asesor literario da editorial Ir Indo. Fundador da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüí­stica e da Asociación de xuristas en galego. Fundador da Fundación Galicia Empresa. Ademais, fundador da Fundación Lois Pena Novo.

Raíz e tempo.

Cando acudo a miña casa familiar en Mourigade sempre descubro que aquelas profundas raiceiras espertan en min lembranzas vellas, que sempre tiveron unha influencia decisiva na formación do meu pensamento. A paisaxe que a arrodea atesoura historias individuais e colectivas. As súas terras teñen tantos nomes como ferrados ten o territorio. Non hai un baldío […]

O matiz de “Cantigas e Agarimos”.

Como é ben sabido, a execución dunha partitura pode ter matices moi persoais, segundo quen a interprete ou dirixa a agrupación musical. Para os ouvidos de entendidos e melómanos a percepción desas orixinais singularidades interpretativas non pasan desapercibidas. É moi ilustradora ao respecto a anécdota contada por Iglesias Vilarelle, aquel afamado director do Orfeón de […]

Honras a Ramón Castromil.

O pleno do Concello de Santiago vén de aprobar unha proposta da comisión de honras que preside o amigo Manuel Dios Diz do grupo municipal de Compostela Aberta, pola que se lles retiran as distincións outorgadas durante a ditadura a nove ministros de Franco, nomeando, ao tempo, fillos predilectos a título póstumo a Federico García […]

Publicidade na lingua dos consumidores.

Cando a ocasión o require traemos a esta sección o debate sobre a publicidade en lingua galega para afondarmos na súa utilización nas estratexias comerciais que procuran buscar nos consumidores a fidelización ás marcas que se ofrecen. Aínda son moitos os dirixentes empresariais que consideran que o noso idioma non é o medio indicado para […]

O Couto Mixto, unha República Raiana esquecida.

José Rodríguez Cruz é o autor dun novo libro publicado por Edicións Laiovento co seuxerente título de “Couto Mixto. Aspectos folclóricos”. Nesta obra atopamos unha manchea de relatos que o autor foi recollendo da memoria dos veciños, porta por porta, daquelas aldeas nas que aínda aniña a conciencia de pertenza a un enclave territorial singular […]

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies