• Segue conectado
  • |
Artigos de Xoán Antón Pérez-Lema
Advogado. Colabora en varios medios galegos.

Aínda hai xuices en Berlín.

O maxistrado Llarena activou a euroorde de detención contra Puigdemont e os membros exiliados do seu Govern. Xa que logo, a policía alemá executou o seu arresto que un xuiz haberá de ratificar ou deixar sen efecto. En calquera caso, se Puigdemont rexeita a súa entrega ao Tribunal Supremo reclamante, será a xustiza de Schleswig-Holstein […]

O silencio dos progres españois.

Os progres españois sempre andiveron pola vida ocupados e preocupados (con toda xustiza) pola liberdade dos pobos de Palestina, Sahara e Chiapas, mais, por desgraza, nada ocupados nin preocupados pola subordinación das linguas, culturas e nacións catalás, vascas e galegas a un Estado español construído por determinadas elites extractivas, refractarias á libre concorrencia e ao […]

Audiovisiual, lingua, muller e país.

O audiovisual galego é, certamente,unha industria. Mais unha industria cultural. É dicir, xurde dunha identidade propia, a de sermos galegos. Como dixo a xornalista da TVG Nieves Rodríguez (Mestre Mateo á mellor comunicadora de TV 2018) “se existe un audiovisual galego é grazas ao galego”. A lingua galega foi máis protagonista na edición do 2018 […]

A inutilidade da esquerda española.

Arrepía a degradación sofrida polo Estado de dereito nos últimos cinco meses, nomeadamente (malia que non só) por mór da cuestión catalá. O Dereito Constitucional foi gravemente vulnerado. O artigo 155 da Constitución abeiraba unha intervención na Generalitat, nunca medidas como a disolución do Parlament ou o cesamento do Govern. As recentes medidas cautelares adoptadas […]

Desleixo pola xustiza.

Como suporán, o colectivo dos empregados públicos que atende as funcións de xestión, tramitación, auxilio e medicina forense da Administración de Xustiza en Galicia é abondo amplo e plural, ideolóxica e vitalmente. Pois ben, o 75,5% deste colectivo participou nun referéndum para decidir sobre a proposta dos sete sindicatos con representación: folga indefinida dende o […]

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies