• Segue conectado
  • |
Artigos de Carlos Méixome
Licenciado en Filosofía e C. da Educación. Profesor de Xeografía e Historia no Ensino Secundario. Activista cultural e militante nacionalista dende moi novo. Ten publicado diversos traballos sobre Historia Contemporánea e, en colaboración, sobre Cuba, Rusia e Iugoslavia. Nos últimos anos ten publicado multitude de artigos sobre a represión franquista no sur de Pontevedra, nomeadamente no Val Miñor.

O meu tío-avó, o castelaoista.

Os que o coñecen saben da afección do meu tío-avó Nilo a reparar trebellos, a fochicar entre ferros oxidados, a procurar polos interiores de caixóns inzados de parafusos de diferentes formas, condicións e tamaños, aquel que poida servir, cun aquelado trato, para o sorprendente arranxo do máis insospeitado aparello estragado pola obsolescencia programada da industria […]

Máis madeira.

A celebre frase emitíaa don Groucho para reclamar dos seus irmáns pitolas de leña para mover a locomotora na que facían asneiradas polo Oeste. É a guerra, traede máis madeira! berraba co xaruto entre os dentes, mentres Harpo e Chico esnaquizaban asentos, paredes e teitos de vagóns. Un neomarxista de pro como Pedro Sánchez non […]

Particular relato dunha aparente frustración.

Poucos foron os que intuíron que a quebra financeira de 2008 anunciaba non unha crise cíclica da economía, senón o inicio dun cambio no modelo de desenvolvemento capitalista. O paso dos anos, vai alá unha década, revelounos que a mudanza cuestionaba non só a gabada globalización, limitándoa aos intensos efectos da revolución tecnolóxica das comunicacións, […]

En San Pedro de Rochas.

As pedras furadas, húmidas e sombrizas de San Pedro de Rochas, transmiten séculos. As covas antropomorfas reiteradamente ocupadas polo po no que nos seguimos revertendo desacougan cun súpeto remuíño. Seica unha placa, considerada fundacional, cita o ano 573. Miro sería o rei do Gallaecium Regnum. É un dos templos cristiáns máis antigos. Tres naves escavadas. […]

Fuso e roca.

…i a tea dos teus soños non se move… Díaz Castro, Penelope Enceto estas liñas, xusto cen anos despois de se asinar o manifesto da “Asembleia nazonalista de Lugo” : “Tendo a Galicia todal-as características esenciaes de nazonalidade, nós, nomeámonos, d-oxe pra sempre, nazonalistas galegos, xa que a verba rexonalismo non recolle todal-as aspiracións nin […]

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies