Ata o día 12 de xuño podes inscribirte no Verán Rural 2019

Ponteareas | A concellería de Ensino, que dirixe Cristina Fernández, informa de que está aberto o prazo para a solicitude do Verán Rural 2019, unha alternativa de lecer para rapaces e rapazas de 3 a 12 anos que facilita a conciliación familiar en tempada de verán.

A concellería establece varias quendas que rotarán polas parroquias:
1ª quenda- do día 1 ao 15 de xullo en Arcos e Xinzo
2ª quenda- do día 16 ao 31 de xullo en Prado e Guláns
3ª quenda- do día 01 ao 16 de agosto en Fozara e Padróns
4ª quenda- do día 17 ao 31 de agosto en Cristiñade
As prazas son limitadas e desenvolveránse nas respectivas casas culturais cun custe de 32€ en horario de 09:00 a 14:00 horas.

A preinscrición está xa aberta ata o vindeiro 12 de xuño e todos e todas as interesadas deben porse en contacto co departamento de Ensino do concello de Ponteareas, teléfono 673 794 880, ou nas propias casas culturais das parroquias. Tamén se poden consultar as bases e formularios na páxina web do concello no apartado Ensino, “bases ensino”.