• Segue conectado
  • |

As obras do Parque urbano forestal de Ponteareas continúan a bo ritmo

Ponteareas | Continúan a bo ritmo as obras de construción do novo Parque urbano forestal de Ponteareas, situado na rúa Trobador Xoán García de Guillade, a escasos 400 metros do centro da vila e que vai ser un novo espazo verde de esparcemento para todos os veciños, cumprindo o proxecto que se encadra, segundo o alcalde, Salvador González Solla, na posta en valor de espazos destinados ao uso público para o recreo e ocio das veciñas e veciños do municipio, sendo esta parcela idónea para este fin, debido á súa proximidade ao centro e polo atractivo paisaxístico co que conta.
Estas obras están subvencionadas pola Deputación Provincial de Pontevedra, dentro do “Plan de Obras e Servizos Provinciais”, do ano 2013.
Este novo parque contará cunha superficie de 4234 m2 e aproveitarase a riqueza medioambiental actual e na que haberá zonas diferenciadas, unha máis urbanizada e transformada, destinada a xogos infantís e outra, que se manterá practicamente en estado natural, para que tanto grandes como pequenos poidan gozar dun ambiente natural dentro do propio casco urbano.

Publicado o 2 Nov 2014 en Medio Ambiente, Ponteareas.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies