• Segue conectado
  • |

As Neves celebra, esta fin de semana, un atractivo “Mercado de Nadal”

A Praza de Abastos acolle unha actividade que busca ofrecer á veciñanza e aos visitantes, os produtos que fan das Neves un lugar de excelencia gastronómica

As Neves | A Praza de Abastos das neves acollerá, o sábado 23 e o domingo 24 de decembro, o ‘Mercado de
Nadal’, unha iniciativa que busca poñer ao alcance de veciñanza e visitantes, tanto produtos de artesanía
coma aqueles que, como o viño e o mel, constitúen un elemento identificador da excelencia
gastronómica do municipio.

No ‘Mercado de Nadal’, que estará aberto ámbolos dous días, en horario ininterrompido de 12 h a
19 horas, participarán as adegas Señorío de Rubiós e Abadía de Tortoreos amais da cooperativa do
Requeixo e o Mel.

O público visitante terá a ocasión de gozar da excelente gastronomía local xa que o mercado contará
coa presenza de postos dos locais de hostalaría e tamén postos de artesanía.

A intención do Concello das Neves, coa posta en marcha deste ‘Mercado de Nadal’ é a posta en
valor dos produtos que fan, do municipio, un referente gastronómico do sur da provincia. Non se
pode esquecer que, se o mel e os viños, son elementos identificadores da excelencia gastronómica
do municipio, os locais de hostalería amosa, ano tras ano nunha magnífica ‘ruta de pinchos’ a capacidade
innovadora da gastronomía local e a calidade da materia prima local.

Para o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o ‘Mercado de Nadal’ é unha ocasión
extraordinaria para que “veciñanza e visitantes poidan coñecer a ampla oferta gastronómica das
Neves”.

Publicado o 22 Dec 2017 en As Neves, Comercio.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Faga click no enlace para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies