As bandas de músic de Xinzo e Guláns solicitan ao concello de Ponteareas a negociación dun novo convenio de colaboración.

Ponteareas | O Concello de Ponteareas ten dende o ano 2006 un convenio de colaboración asinado coas tres Bandas de Música de Ponteareas; a Banda de Música Xuvenil de Xinzo, a Unión Musical de Guláns e a Banda de Música “Reveriano Soutullo”, por un importe total de 7.212,15€ para cada Agrupación Musical a cambio da realización de diferentes concertos durante todo o ano dentro da programación cultural do Concello.

Francisco Represas (Presidente da Banda de Xinzo) e Carolina Groba (Presidenta da Unión de Guláns), denuncian
que na actualidade, “a relación de colaboración de ambas Bandas de Música co Concello de Ponteareas, NON
cumpre por diferentes motivos coas estipulacións recollidas no convenio de colaboración que asinamos ambas
institucións en xaneiro do ano 2006”. “Así mesmo, tamén consideramos que despois de 10 anos dende a firma do
actual convenio, é necesaria a súa actualización”. As Bandas de Música, son un dos piares fundamentais que posúe
o Concello de Ponteareas, pero é imprescindible que a administración local potencie con moita máis intensidade a
súa promoción e difusión, como garante do seu máximo apoio ao patrimonio cultural do propio Concello.

Por este motivo, os representante de ambas Bandas de Música rexistraron o día 13 decembro un escrito conxunto
de denuncia ao actual convenio de colaboración que manteñen co Concello de Ponteareas. Xunto ao escrito de
denuncia, entregaron unha proposta conxunta na que se recollen os puntos fundamentais que solicitan que se
inclúan no novo convenio de colaboración, no que destacan o aumento a 9.000€ na aportación anual que fai o
Concello de Ponteareas a cada Banda de Música, e unha remuneración especial para as actuacións que se podan
producir na Festividade do Corpus.

Por último, as Bandas de Música de Xinzo e Guláns solicitan ao Sr. Alcalde, Xosé Represas, que mentres non se
asine un novo convenio entre ambas entidades, siga vixente o actual.