• Segue conectado
  • |

Aprobada a moción do PP para chamar ao novo parque urbano forestal “Da familia Ferro Ucha”

NDEA Parque forestal. jpgPONTEAREAS / PP | No Pleno ordinario celebrado o pasado 16 de febreiro a Corporación municipal acordou aprobar a proposta feita polo PP para nomear o Parque Urbano Forestal ubicado na Rúa Xoan Trovador García de Guillade como “Parque Ferro Ucha” en agradecemento á total disposición e colaboración mostrada pola propiedade dos terreos na tramitación do convenio de cesión ao Concello de dita parcela destinada para parque público.

Segundo o portavoz do Partido Popular, Salvador González Solla, era un compromiso adquirido polo goberno na anterior lexislatura que él presidía e que ven a completar o proxecto de desenvolvemento levado a cabo nesa zona que conta con 4.300 m2 de espacio con gran riqueza paisaxistica e medioambiental para disfrute de todos os veciños de Ponteareas.

Salvador González Solla a pesares do retraso de mais de 5 meses que tivo este expediente en vir ao Pleno porque o Alcalde non quería traelo por ser unha iniciativa do Partido Popular, quere agradecer a todos os membros da Corporación o seu apoio para que o compromiso que había adquirido coa familia na sinatura do convenio de cesión dos terreos ao Concello se puidese cumprir.

Publicado o 28 Feb 2016 en Medio Ambiente, Ponteareas.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies