• Segue conectado
  • |

Aportación récord do Concello ao Festival de Cans

 

O Porriño | O Concello do Porriño aportará este 2017 un total de 18.000€ ao Festival de Cans, repetindo a meirande cantidade que o festival recibiu, na súa historia, das arcas locais o pasado 2016. Así transmitiullo a alcaldesa, Eva García de la Torre, a Alfonso Pato, director do certame, e Abel Gallego, membro da organización do mesmo, nunha longa xuntanza que mantiveron este mércores.

A XIV edición da mostra, que se celebrará do 24 ao 27 de maio, terá “presenza en todo O Porriño, de xeito que durante os días do mesmo toda a vila será parte e partícipe do festival”, sinalou a alcaldesa, quen subliñou que o Concello colaborará ao máximo para “fortalecer a marca Festival de Cans coma parte esencial da nosa identidade”.

García de la Torre, adiantou que o programa de actividades deste 2017 será aínda máis participativo que o ano pasado, haberá unha relevancia maior de O Porriño e dos porriñeses no mesmo e se “visibilizará” o compromiso e a simbiose das veciñas e veciños co que é co que representa o Festival de Cans.

A alcaldesa animou a todos os cidadáns a participar da programación de Cans, que ademais de no portal web festivaldecans.com, estará pendurada nas redes sociais do Concello, e a gozar de todas as propostas que se espallarán pola vila xa dende datas anteriores ao inicio mesmo das proxeccións dos filmes.

Publicado o 26 Xan 2017 en O Porriño, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies