• Segue conectado
  • |

Apertura de prazo para campamentos polideportivos da Deputación de Pontevedra

O prazo de solicitudes estará aberto ata o 21 de abril de 2017

Pontevedra | A Deputación de Pontevedra vén de abrir o prazo para enviar as solicitudes para participar nos campamentos polideportivos, dirixidos a nenos e nenas que teñan o seu domicilio habitual nun concello da provincia de Pontevedra e que nacesen entre o 2003 e 2010 ambos incluídos.

 

O prazo de solicitudes estará aberto ata o 21 de abril de 2017 e se poderán presentar de dúas formas:

Preferentemente realizando unha preinscrición a través da web da deputación (www.depo.es), cubrindo os datos no modelo oficial de solicitude e premer o botón enviar. Despois imprimir este xustificante e presentalo xunto co resto de documentación no Rexistro xeral da institución (Deputación provincial) ou oficinas de ORAL ( as máis próximas: O Rosal e Tomiño).

A outra forma de inscrición será cubrir a solicitude por escrito e xunto ao resto de documentación presentala nos rexistros citados anteriormente (Rexistro xeral deputación ou oficinas ORAL máis próximas O ROSAL E TOMIÑO).

Xunto coa solicitude tamén hai que presentar como parte da documentación unha fotocopia DNI pai/nai ou titor/a, fotocopia DNI menor, certificado empadroamento., fotocopia tarxeta sanitaria e libro de vacinas do/a menor.

O prezo deste campamentos é de 125€, pero terán un desconto do 20% as familias numerosas de 3 fillos/as e do 30% as que teñan máis de 3 fillos/as.

Para máis información poden dirixirse á OMIX de maneira presencial, a través do teléfono 986614546, no mail informacion@aguarda.es ou no perfil de FACEBOOK da OMIX.

Publicado o 3 Abr 2017 en Pontevedra, Xuventude.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies