• Segue conectado
  • |

Antón Reixa. Ghicho distinto.

Divertida e un chisco melancólica foi a presentación en Librouro de Antón Reixa. Ghicho distinto, o libro de conversas preparado por Manuel Xestoso e Xosé Cid Cabido.

Conduciu a mesa o xornalista Xosé Manuel Pereiro que soubo utilizar as doses necesarias de sal e pementa para que os autores e o protagonista do libro falasen con escasa inhibición. Xestoso confesou que o libro naceu polo seu interese polo grupo Rompente, «quizais a ruptura maior na poesía galega dende Manuel Antonio». Cid salientou que o libro «é unha reivindicación dos disidentes da cultura galega».

Reixa expresou a súa gratitude polo libro que chegou «nunha época da miña vida moi reflexiva, a pesar de que son un tipo disperso». Desvelou o texto do correo electrónico que lle mandou Ferrín tras as eleccións da SGAE: «Irmán Reixa: noraboa por esa ocupación da Presidencia da asociación española de autores». Confesou que «a perplexidade é a forma que teño de coñecer o mundo» e que «a vida lle foi moi xenerosa, polo que lle estou moi agradecido». Rematou salientando que «o único que é permanente na miña vida é escribir, nunca deixei de facelo», para a continuación ler «Un poema ben intencionando», un peche brillantísimo para o serán vigués.

Publicado o 5 Out 2012.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies