Ana Pontón no 1º faladoiro do ciclo “Galicia 2017-2020: presente e futuros”

Gondomar | O Instituto de Estudos Miñoráns convídaos a asistir o venres día 16 de febreiro ás 20:30h ao primeiro faladoiro do ciclo “Galicia 2017-2020: presente e futuros” no que intervirá a voceira do grupo parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón.

O acto será presentado por Xulián Maure Rivas (Director do IEM) e moderará a xornada David Reinero (Xornalista).

O contido da xornada tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto de problemáticas do territorio: Lei de Montes e Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais”

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.