• Segue conectado
  • |

Ana Miranda pregunta á Comisión pola execución dos actuais fondos FEMP en Galiza

A eurodeputada do BNG insta ás institución europeas a vixiar o cumprimento dos programas de fomento do emprego na pesca costeira e artesanal

Bruxelas/BNG | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, amosa a súa preocupación pola execución dos Fondos Europeos Marítimos e de Pesca (FEMP) da UE para 2014-2020, xa que ao seu xuízo son fundamentais, para fomentar o emprego en Galiza en relación a pesca costeira e artesanal.

Deste xeito, presentará unha pregunta dirixida á Comisión para a súa resposta escrita na que demanda información ás institución comunitarias sobre o estado da execución destes fondos. “Galiza recibe case o 50% dos fondos concedidos ao Estado español, máis de mil millóns de euros, polo que estamos falando dunha cifra moi importante para executar programas de creación e mantemento de emprego no sector pesqueiro galego”, explica Ana Miranda.

A eurodeputada nacionalista lembra que a responsabilidade de execución deses fondos corresponde á Xunta de Galiza. “Témome que o goberno galego non cumpriu a súa parte ao respecto, pero queremos saber os datos reais do investimento en Galiza”, salienta Miranda, quen sinala asemade que o Estado español é o Estado Membro que máis cartos recibe da Unión Europea correspondentes aos fondos FEMP, seguido a larga distancia por Francia y Polonia, que reciben aproximadamente a metade que o Estado español.

A propia Comisión Europea salienta a importancia do FEMP xa que entre os seus obxectivos figuran a axuda á transición á pesca sostible, á diversificación das economías das comunidades costeiras, financiar proxectos para crear emprego e mellorar a calidade de vida nas costas europeas e facilitar o acceso ao financiamento.

Por outro lado, na súa iniciativa, a eurodeputada nacionalista pregunta á Comisión que medidas ten previsto aplicar no caso de que o FEMP non conte cunha completa execución para garantir a súa aplicación por parte do Estado español e cumprir os obxectivos para os que os fondos foron elaborados.

“Desde o BNG consideramos que estes criterios na elaboración do FEMP se axustan ás necesidades de Galiza, pero evidentemente é necesario que o Estado Membro e a Xunta os soliciten e os executen”, destaca Miranda, quen indica que “de pouco serve que a Unión Europea poña os cartos enriba da mesa se logo non se executan, e temos que ter en conta que o prazo de execución formal remata en 2020”.

Publicado o 12 Xan 2019 en Aldea Global, Política, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies