• Segue conectado
  • |

ADETO organiza unha Feira de Oportunidades

NDEA_ Cartel Feira de Oportunidades ADETO Febreiro 2016Tomiño | ADETO (Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería e Industria de Tomiño) organiza unha Feira de Oportunidades, Artesanía e Exposición de Arte, que terá lugar no Mercado de Tomiño, os días 27 e 28 de febreiro, con horario de 10:00 a 20:00 h.

ADETO organiza a feira de oportunidades cunha mestura de comercio de oportunidades, elaboracións artesanais e unha exposición artística a cargo de pintores e escultores da comarca.

Este ano repítese no novo Mercado de Tomiño. No andar superior o visitante poderá adquirir a prezo de oportunidade artigos dos comercios participantes cunha gran variedade de xénero, textil para home, muller, infantil, moda íntima, complementos, bisutería, calzado, xoguetes, deportes, beleza.… Nos soportais que rodean ó Mercado estarán artesáns nun dos laterais, e no outro o a exposición de pintura e escultura.

Publicado o 28 Feb 2016 en Comercio, Tomiño.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies