• Segue conectado
  • |

Aberta a inscripción para a VI edición do Triatlón Concello de Porriño

Porriño | O Concello de Porriño, a través da Concellería de Deportes e coa colaboración do Concello de Tui, pon en marcha a vindeira edición do Triatlón Concello de Porriño que terá lugar, dentro de dous meses, o sábado 8 de xuño.

Trátase da sexta edición da proba posto que en 2018 non chegou a celebrarse polo terrible suceso de Paramos, en Tui. A organización decidiu suspender ó atoparse Tui de loito oficial e máxime sendo este concello o punto de partida da Triatlón coa proba de natación no río Miño.

Polo tanto doce meses despois o Triatlón Concello de Porriño retorna coas forzas renovadas. A organización está cos preparativos da proba que será oficialmente presentada o 24 de maio, nun formato novedoso.
O prazo de inscripción xa está aberto. Podese consultar e tramitar a través da páxina web triatlonconcellodoporrino.com que dispón dun enlace para o formulario de inscripción on line coa Federación Galega de Triatlón (FEGATRI).

Publicado o 8 Abr 2019 en O Porriño, Participación Cidadá, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies