• Segue conectado
  • |

A rúa do Freixo terá novo pavimento e servizos

Lugo | A Alcaldesa de Lugo e o Concelleiro de Infraestruturas Urbanas supervisaron este venres a execución do proxecto de acondicionamento da rúa do Freixo, que une Camiño Real e rúa Pontevedra, unhas obras que, conxuntamente, coas da rúa da Xesta teñen un orzamento de 86.000 euros, achegados por Deputación e Concello a través do Plan Único. As actuacións, que rematarán a vindeira semana, consisten na reposición do firme e a substitución das redes de abastecemento e saneamento.

Ademais das obras das rúas do Freixo e da Xesta, o Plan Único de 2017 inclúe a pavimentación das rúas Filgueiro, Mestre Méndez, Da Silva, Mazaira, Das Pías e un tramo da rúa Casas Vellas, todas no barrio de Abella; a pavimentación e servizos en rúa Fonmiñá e Piñeiral, nas Gándaras; a pavimentación e servizos en rúa Flor de Lis, en Abella; e a pavimentación e ampliación da rede de abastecemento na urbanización Bellavista, na parroquia de Esperante. A maiores, cos remanentes ampliarase a rede de abastecemento en Saamasas e pavimentarase a Ronda República Argentina e a avenida de Garabolos.

A Alcaldesa e o edil de Infraestruturas Urbanas destacaron que todas estas actuacións contribúen a mellorar as dotacións municipais e deste xeito a calidade de vida da veciñanza.

Publicado o 23 Mar 2018 en Infraestructuras, Lugo.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies