A que chamamos populismo?

Os activos tertulianos deste pais e os medios que podemos chamar “pesebristas” porque todos traballan “pro domo sua”, que dirian os clásicos. Veñen utilizando o termo populismo para denostar insistentemente aquelas forzas politicas que se presentaron no escenario e que temen lles arrebaten o Poder.

Dunha maneira xeral e un tanto empírica podemos definir que o populismo é un rexeitamento aos políticos profesionais; unha disconformidade coas politicas públicas existentes: un diálogo directo entre a dirección dos movementos sociais e a propia base social e finalmente trataríase dunha forte vontade de mobilización e participación.

Este termo tamén se usa para designar correntes ideolóxicas que reivindican ao Estado como defensor dos intereses da maioría social a través do intervencionismo e a seguridade social, na busca dunha maior xustiza social e do Estado do Benestar.

“o populismo é un rexeitamento aos políticos profesionais; unha disconformidade coas politicas públicas existentes”

A crise da representación política é unha condición necesaria pero non suficiente para a aparición dos populismos. Precísase certo nivel de crise nas alturas da política; de aí a aparición de novos liderados que se presentan eficaces como líderes alternativos, alleos á clase política existente, articulando as demandas sociais insatisfeitas e o resentimento político dos sentimentos de marxinación. Deste caldo de cultivo nace o novo líder que pregoa o rescate da representación popular. Deste xeito o populismo nútrese da crise de representación cambiando os termos do discurso (Non nos representan do 15-M), acelerando a constitución de novas identidades, reordenando o espazo político existente.

Dende a outra banda os sectores conservadores utilizan o termo populista para definir aos gobernos que representan intereses das clases económicas altas como separados ou contrarios aos das clases máis baixas.Segundo Ylarri, o trazo máis característico do populismo é a construción da idea de pobo como axente histórico depositario das virtudes sociais de xustiza e moralidade, responsable do cambio social, confrontado a todo o que impide o desenvolvemento do destino dun pobo.

Na súa novela “Todos los hombres del rey”, Estéban Hernández, premio Pulitzer, analiza a relación entre populismo e aristocracia. Sostén que nos países menos desenvolvidos o populismo vai da man da loita contra a fame, a favor dos impostos aos ricos e o sometemento do mundo empresarial á política, tal como xa expuxeron políticos como Franklin Delano Roosevelt, nos EE.UU, con o New Deal. Aí o populismo definiría unha alternativa á aristocracia, por esta razón se opoñen os sectores e partidos conservadores.

Claro que aquí nesta nosa terra as mentiras repetidas constantemente polos medios de comunicación dependentes do poder empresarial e político non nos van informar con honestidade a que se pode chamar populismo e de onde procede esa cualificación. Isto non interesa porque socavaría as bases do poder económico existente. Interésalles repetir que o populismo é algo nefasto para os cidadáns; hai que buscar cabezas de turco para que non poidan representalo na súa realidade; porque iso significaría darlle volta a tortilla corrupta que nos serven cada dia no almorzo.

Quen se atreve a entrar na cociña e cambiar os ingredientes? Vostedes teñen a palabra.

Mestre retirado. Realizou estudios de Filosofía e Letras, Dereito e Ciencias Políticas, Francés e Galego. Un dos fundadores da UCSTE, foi membro do consello nacional do «Movemento de Mestres». Fundador de «A PENEIRA» (1984). Director de «Novas do Eixo Atlantico»