• Segue conectado
  • |

A peonalización da Praza de Bugallal agravará o problema de aparcadoiro no centro de Ponteareas

O acordo de construír un aparcadoiro soterrado con case 300 prazas de estacionamento previo á humanización da praza xa foi aprobado por todos os grupos políticos por unanimidade nun pleno do ano 2009.

Ponteareas/PP | A reforma que pretende levar a cabo o goberno local de Ponteareas na Praza de Bugallal conlevará a eliminación de máis de 50 prazas de aparcadoiro na contorna da igrexa parroquial.

O Partido Popular de Ponteareas defende a necesidade de construír un parking soterrado baixo a Praza de Bugallal, entón si procedería ceder máis espazo aos viandantes. Ademais, así se solucionaría o problema de aparcadoiro que na actualidade xa sofre o centro de Ponteareas. Belén Villar, presidenta do Partido Popular de Ponteareas, lembra que “a construción deste parking segue recollido no PXOM aprobado provisionalmente”.

Xa no ano 2007 o Sr. Candeira, portavoz do PSOE, afirmaba públicamente que mentres non se construíse un novo aparcadoiro soterrado na Praza de Bugallal non se podería peonalizar o centro de Ponteareas.

Ademais, o acordo de construír un aparcadoiro subterráneo previo á humanización da praza foi aprobado por unanimidade de todos os grupos políticos nun pleno do ano 2009. “O que antes esixían e defendían contra vento e marea, agora que forman goberno parece que se lles esqueceu” declara Belén Villar.

Desde o Partido Popular de Ponteareas esixirase ao goberno a que se deixen de concursos de ideas de última hora e “rescaten o proxecto do ano 2009 que hai no Concello de Ponteareas, proxecto que xa contemplaba a humanización da praza, ademais da construción dun aparcadoiro soterrado, para case 300 prazas de estacionamento.

Tamén, dende o goberno fan entender que a proposta está consensuada e que contou coa participación de todos, cando na realidade non tiveron en conta nin as propostas nin as opinións da oposición, dos comerciantes e dos veciños máis afectados.

Doutra banda, continuamos pedindo ó goberno que reconsidere a elección do material co que pretenden reformar a praza. Para o grupo popular, afirma Belén Villar, a remodelación da praza debe respectar o patrimonio da contorna da igrexa, polo que o pavimento de lousas de pedra sí dignifica a praza e vai en harmonía ca contorna, e non en formigón lavado como pretende facer o Goberno local. Xa todas as reformas feitas no casco vello do noso pobo na última década (praza maior, rúas Esperanza e Oriente, beirarrúas, ..) foron feitas en pedra, e así debería continuarse.

Publicado o 30 Mai 2018 en Ponteareas.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies