• Segue conectado
  • |

A Milagrosa volve reivindicar esta fin de semana o agro e artesanía coa Feira de San Isidro

A feira concentrará uns 80 expositores procedentes de Lugo, do resto da comunidade de Galicia, León e norte de Portugal. Ademais de venda de produtos, tamén haberá degustacións gratuítas, actuacións musicias e artesanía ao vivo

Lugo | A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Presidente da Deputación, Darío Campos, e o Presidente da Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa, Jesús Vázquez, acompañados dunha trintena de veciños e veciñas; presentaron este mércores, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, a 21ª edición da Feira de San Isidro da Milagrosa, que acollerá o corazón deste barrio, a Praza da Milagrosa e as rúas Menorca e Divina Pastora, esta fin de semana, do 25 ao 27 de maio.

No acto de presentación, Méndez, quen definiu a Feira de San Isidro como unha “cita imprescindible para a sociedade lucense, que se vincula ademais cos produtos autóctonos do campo, que tan importante é para o municpio e para a provincia”; agradeceu o traballo diario, ao longo dos útlimos 20 anos do “capital humano da feira”, a veciñanza da Milagrosa, non só por organizar esta iniciativa, senón por “poñer en valor o que temos” e polo desenvolvemento social e económico da contorna e da cidade.

A rexedora desexoulle moito éxito á edición desta feira, que agarda que sexa a última vez que teña lugar na Praza da Milagrosa “tal e como a coñecemos a día de hoxe”, pois espera que a 22 edición desta cita se celebre nunha “zona disposta para os veciños e veciñas, nunha zona peatonalizada, con máis espazo de esparexemento e de lecer para convivir, pois a cidade tamén se fai nas rúas”, subliñou. “E así o cremos dende o Goberno, e por elo apostamos por recuper espazos para o seu uso públio, habilitando novas zonas de conexións social, tamén para potenciar este tipo de eventos”, concluíu. A aposta pola peonalización tamén se sumou Campos e Vázquez.

Pola súa banda, o Presidente da Deputación, que pregoará esta feira, subliñou que “dende a Deputación non dubidamos en colaborar un ano máis coa feira, pois trátase dun verdadeiro revulsivo e unha oportunidade para impulsar o comercio dos pequenos e medianos empresarios da provincia. Esta colaboración enmárcase no conxunto de iniciativas que temos en marcha coa Asociación de Veciños da Milagrosa coas que dinamizar económica e socialmente este barrio lugués ao longo do ano​. Ademais do apoio económico, tamén destaca a nosa colaboración coas demostracións en vivo de olaría a través do CENTRAD. Así como con actuacións musicais de grupos folclóricos a través do programa Musiqueando. Quero agradecer aos organizadores que se tiveran acordado de min para ser o pregoeiro desta cita. É unha honra ser partícipe dunha celebración con tanta historia”.

80 expositores, música, exposicións ao vivo e degustacións

Jesús Vázquez, quen agradeceu a colaboración dos Gobernos do Concello e da Deputación con esta cita na que se reivindica o agro e artesanía, explicou os detalles desta nova edición da feira, que concentrará a uns 80 expositores e artesáns procedentes de Lugo, do resto da comunidade de Galicia, León e norte de Portugal. Na vixésimo primeira edición desta convocatoria, ademais de venda de produtos, tamén haberá degustacións gratuítas. Concretamente de hojaldre o venres, despois do pregón, cando se repartirán 500 unidades; de rosquillas o sábado, cun reparto estimado de 1.200 unidades, e o domingo, de chourizo á parrilla, estando previsto a distritución de 2.000 unidades. Esta cita, que naceu para render homenaxe ás orixes rurais dos e das residentes no barrio, tamén contempla actuacións musicais. Os actos tamén engloban a entrega dos galardóns José Carballido aos mellores 10 stands da feira.

Plan de tráfico por mor da cita

Para a celebración do evento, é preciso o corte do tráfico rodado da Praza da Milagrosa os devanditos días 25, 26 e 27 de maio, desviándose o tránsito de vehículos de rúa Mallorca e rúa Yañez Rebolo por rúa Milagrosa, en dirección á rúa Xulia Minguillón.

Para a montaxe e desmontaxe dos postos, os días 24 e 28, non se precisa corte de tráfico, pero sí a prohibición de estacionamento na carga e descarga e parcialmente da parada de taxis da Praza da Milagrosa.

Nas confluencias de Yañer Rebolo con Xulia Minguillón, e Rúa Mallorca con Avenida da Coruña, instalaranse carteis informando do corte da Praza da Milagrosa.

O corte afecta ás liñas dos autobuses urbanos do seguinte xeito:

O venres 25 e sábado 26, afecta ás liñas 1 (Campus Universitario-Piringalla), que desviará o seu percorrido por rúa San Isidro, e a 5 (A Campiña-Abella), que o fará por Tino Grandío e Lamas de Prado.

O domingo 27 verase afectada a liña 11E (Calde-Piringalla-Albeiros) que desviará o seu percorrido por rúa San Isidro.

Publicado o 23 Mai 2018 en Lugo, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies