• Segue conectado
  • |

A Guarda celebra o 180º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro coa “Semana por Rosalía”

A Guarda | O vindeiro 24 de febreiro cúmprense 180 anos dende o nacemento da escritora máis recoñecida e ilustre da literatura galega: Rosalía de Castro. Con motivo deste aniversario tan especial, dende a Concellería de Cultura da Guarda celebrarán a data coa “Semana por Rosalía”, cinco días de actividades adicados a ensalzar e coñecer máis unha figura clave da cultura galega.

Unha das actividades programadas é “Rosalía na Escola” e desenvolverase do luns ao mércores, entre os días 20 e 22 de febreiro. Durante eses tres días Maruxo ofrecerá un recital de poemas nos centros de primaria da vila.

 

Tamén os días 20 e 21 de febreiro os alumnos e alumnas dos centros de secundaria da Guarda realizarán un “Mural por Rosalía”, cun deseño para render homenaxe á autora.

Ademais, ese xoves 23 de febreiro o concello da Guarda organiza o “Festival por Rosalía”, no Centro cultural ás 20’30 horas. Nesta celebración da vida e obra da ilustre escritora haberá un recital de poemas de Rosalía a cargo de Maruxo e de rapaces da vila, ademais das actuacións de Coro Fuscalheiro, Son’Godins e o grupo de baile Xamaraina.

Para rematar esta semana adicada a Rosalía de Castro, o sábado 25 de febreiro terá lugar unha nova sesión de Contos Contados, ás 11’30 horas na Biblioteca Municipal, na que os máis cativos da vila tamén aprenderán a importancia dunha poetisa que marcou un antes e un despois na cultura e na literatura galega e española.

Publicado o 16 Feb 2017 en A Guarda.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies