• Segue conectado
  • |

A excelencia dos Productos Galegos de Calidade conquista o madrileño Mercado de San Antón

Galicia Calidade ofrece hoxe e mañá showcookings e degustacións neste innovador mercado que atrae cada día a centos de gourmets e turistas en pleno corazón da cidade

Máis de 20 empresas galegas de distintos sectores están representadas na iniciativa, que conta coa participación de profesionais como o cociñeiro Kike Piñeiro, o sumiller Óscar Quintana ou o barista Óscar de Toro

A Peneira dixital - Excelecia do Producto de Calidade Galego

Madrid | Os produtos galegos de calidade son hoxe e mañá os protagonistas no mercado madrileño de San Antón, un recinto ferente en innovación comercial que atrae cada día a centos de gourmets e turistas coa súa oferta comercial e hosteleira que acollerá durante os dous días showcookings e degustacións impulsadas pola Consellería de Economía e Industria, a través de Galicia Calidade, co obxectivo de incidir na promoción dos produtos galegos fóra da comunidade e directamente no punto de venda.

Á inauguración da iniciativa, asistiron, entre outras autoridades a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, e o director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, ademais da secretaria de Estado de Sanidade e Consumo, Pilar Farjas.

Más de 20 empresas de distintos sectores están representadas nas degustacións e talleres, realizados por destacadas figuras da gastronomía e sumillería galega como son, ademais do gañador do Certame nacional de gastronomía Kike Piñeiro, coordinador do apartado gastronómico e Óscar de Toro, mellor barista galego 2010 e 2011, Óscar Quintana, nariz de ouro 2014 da zona norte, Iván Méndez, Eloy Cancela, Mark Wernink, Conchi Peiteado ou Miguel Ibáñez.

Na planta baixa recíbese aos cidadáns con cafés de pota realizados con auga mineral, froita fresca ou mesmo tarta de Santiago, todos os produtos certificados por Galicia Calidade. Tamén se ofrecen outros produtos como xamón, queixo, merluza do pincho, pan, tenreira galega, castañas, todo aderezados cos mellores viños, cervexa e licores.

Entre as empresas participantes a acción conta coa presenza de Estrella Galicia, Cabreiroá, Coren, Torre de Núñez, Ingapán, Hornos San Fiz, Luís Escurís Batalla, Merluza do Pincho, Aguas de Mondariz, Feiraco, Gargalo, Grupo HGA Bodegas, Valtea, Bodegas Nairoa, Bodegas Ruchel, Castro Baroña, Adega dos Eidos, Customdrinks, Pazo Vilane, Caracoles do Gallo, Patatas Conde, Queixería Cas Leiras, Gallego Pereira e Kiwi Atlántico. Ademais tamén están presentes as Indicacións Xeográficas Protexidas como Ternera Gallega ou Castaña de Galicia.

Promoción no punto de venda
Con esta acción Galicia Calidade, marca de garantía con máis de 300 produtos de máis de 50 empresas certificadas, busca promocionar os produtos fóra da nosa comunidade e directamente no punto de venda, onde os consumidores poden apreciar a calidade dos produtos galegos. Na actualidade, cada día é máis importante para as empresas estar presentes onde os consumidores elixen os produtos, e onde se pode incidir nesta toma de decisións.

Entre as actividades a desenvolver cada día hai showcookings cos produtos das empresas participantes entre as 12.30 e as 15.30 horas. Pola noite, acompañados dos produtos da empresa Hijos de Rivera, prográmase unha “tapas en lata”, poñendo en valor a industria conserveira galega, todo aderezado con música en directo. O recinto acolle tamén produtos de Artesanía de Galicia.

Publicado o 28 Mar 2014 en Aldea Global, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies