“A educación que recibimos en Galicia impídenos coñecer a cultura portuguesa”

Suso de Toro | Escritor

Falamos brevemente con Suso de Toro, autor que se dera a coñecer nos anos 80 con Polaroid, novela que marcara un punto e á parte na narrativa galega. Aquí achega a súa percepción das relacións entre as letras galegas e portuguesas desde unha perspectiva que recolle epicentros como a política ou a edición literaria.

Comparte o feito de que galego e portugués sexan unha mesma língua?

Hai dous puntos de vista, un filolóxico e outro lingüístico que non teñen por que coincidir.
Desde o punto de vista filolóxico non hai dúbida de que o galego e o portugués son a mesma lingua, romance hispánico occidental, O que sucede de que unha das partes tivo una evolución política distinta. Ese romance hispánico occidental falado en diversos lugares como Galicia, Portugal, Angola ou Brasil, ten as súas diferenzas como pode ter o inglés falado en diversos lugares. O problema para considerar dúas linguas distintas ou unha mesma língua, tén as súas raíces en cuestións políticas. Para os falantes en Galicia o galego é unha língua distinta. Así pois, desde o punto de vista filolóxico sería na mesma língua pero desde otros puntos revista non serían tal. O meu punto de vista é que son a mesma língua, mais constato que historicamente actúan como dúas linguas distintas.

Sente que hai algún tipo de impedimento para a interrelación lingüística entre as dúas beiras
do Miño?

Se falamos das relacións específicas entre Galicia e Portugal, aí entran en xogo as ideoloxías nacionais. Portugal, a súa sociedade, ten unha cultura fondamente nacionalista, pero as elites teñen unha certa fascinación e submisión a Madrid. Estas elites móvense nunha ambivalencia constante entre a admiración a Madrid e a exaltación nacional. Para eles Galicia créalles un problema de identidade, pois saben que a orixe do reino de Portugal foi no reino de Galicia. Son unha póla esgallada, saben que a orixe do seu estado está en España. A sociedade galega vive dentro da esfera do nacionalismo español. Por tanto a poboación galega, nese sentido, tería un sentimento de superioridade. Iso faríanos ter unha sensación de sermos máis ricos e máis adiantados.

As letras galegas en todos os seus estilos teñen recoñecemento dentro do público en Portugal?

Eu constato que o público portugués non ten ningún interese, desde o punto de vista cultural, en recoñecer a cultura galega como unha realidade específica, como una realidade que lle interese.
Tamén hai un descoñecemento certo pola parte galega. A educación que recibimos os galegos e as galegas impídenos coñecer a cultura portuguesa.

E as letras portuguesas son unhas descoñecidas dentro do público en Galicia?

Absolutamente. Para os portugueses non é unha referencia que lles interese. Nós para eles somos unha cultura rexional. Hai unha relación estraña entre as dúas bandas. As realidades dos estados tamén crean realidades de mercado. A realidade é que en Portugal editan os autores e autoras que lles chegan desde Madrid. Pero ao mellor estou equivocado, pode haber edicións de autores en editoras pequenas. A miña experiencia é que os editores lisboetas publican autores e autoras referenciadas en Madrid, nomeadamente en el País.

Nado en Xove. Redactor en medios online, gabinetes de prensa, campañas electorais e bolseiro en medios radiofónicos. Desenvolvemento de proxectos web municipais e posicionador SEO. Blogueiro, community manager e investigador.