• Segue conectado
  • |

A Deputación de Pontevedra adxudica axudas a confrarías e cooperativas agrogandeiras

21 Confrarías e 11 Cooperativas da provincia recibirán axudas por valor de case medio millón de euros

Pontevedra | A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe a adxudicación de axudas para confrarías de pescadores e pescadoras e para agrupacións de mariscadoras, así como para cooperativas agrogandeiras da provincia por valor de case medio millóns de euros. As primeiras, cunha contía de 250.000 euros, beneficiarán a 21 entidades de 17 concellos e, as segundas, concédense a 11 entidades de 5 municipios por un total de 200.000 euros.

As achegas ás confrarías de pescadores, pescadoras e agrupacións de mariscadoras benefician a entidades de 17 concellos e ás cooperativas agrogandeiras, a 5 municipios

Entre as actuacións máis demandadas polas confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia están as de mellora, reparación e mantemento das instalacións, así como a adquisición de materiais e vehículos. En concreto, as 21 entidades ás que se lle concederon estas axudas son: a Confraría de pescadores La Anunciada, de Baiona; a Confraría de Pescadores de San Martiño de Bueu; a Confraría de Pescadores de San Antonio de Cambados; a Confraría de Pescadores de San Xośe de Cangas e a Confraría de Pescadores San Cipriano de Aldán, tamén en Cangas; a Confraría de Pescadores de San Martiño do Grove; a Confraría de Pescadores Santa Tecla da Guarda; a Confraría de Pescadores San Xulián da Illa de Arousa; a Confraría de Pescadores de San Martiño de Moaña; a Confraría de Pescadores San Gregorio de Raxó, en Poio; a Confraría de Pescadores San Telmo de Pont e a Confraría de Pescadores San Andrés Lourizán, de Pontevedra; a Confraría de Pescadores de San Xoán, de Redondela; a Confraría de Pescadores Santa Rosalía de Sanxenxo; a Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Arcade e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra, en Soutomaior; a Confraría de Pescadores San Francisco, de Vigo; a Confraría de Pescadores de Vilaboa Pedra da Oliveira; a Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo de Carril e a Confraría de Pescadores Virgen del Rosario de Vilagarcía de Arousa; e, por último, a Confraría de Pescadores A Pastoriza, de Vilanova de Arousa.

As actuacións máis demandadas son a mellora das instalacións e a adquisición de materiais, equipamento e vehículos

En canto ás axudas a cooperativas agrogandeiras, que se destinan a 11 entidades, as actuacións máis demandadas tamén son a compra e a adquisición de maquinaria e materiais, así como a mellora nas instalacións e nos equipamentos. Máis polo miúdo, as cooperativas beneficiarias son: Ullama, na Estrada; a Cooperativa Agrícola de Forcarei-Sociedade Cooperativa Galega, de Forcarei; Aprodeza-Sociedade Cooperativa Galega, Campodeza-Sociedade Cooperativa Limitada, Cobideza-Sociedade Cooperativa, Cooperativa Gandeira de Botos-Sociedade Cooperativa Galega, Sociedade Cooperativa Gandeiros do Deza, Valle del Deza-Sociedade Cooperativa Agraria Limitada e Xuncoga-Sociedade Cooperativa Limitada, todas de Lalín; a Sat N 4035, de Ribadumia; e a Cooperativa del Campo o Rodo, de Rodeiro.

Publicado o 10 Mai 2019 en Economía, Pontevedra, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies