• Segue conectado
  • |

A Coruña asina convenios para un deporte solidario e inclusivo

 

A Coruña | O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, asinou esta mañá convenios por valor de 250.000 euros con 26 entidades deportivas da cidade co obxectivo de financiar proxectos desenvolvidos polas mesmas que fomenten tanto a igualdade como a inclusión de colectivos da cidade que presentan distintas diversidades.

 

“A Coruña é unha cidade eminentemente deportiva, pero cunha perspectiva que se basea nas institucións de base, aquelas que promoven os verdadeiros valores do deporte, como son a igualdade e a solidariedade”

 

Estas axudas, pertencentes á convocatoria Deporte Solidario, levado a cabo pola Fundación Emalcsa dentro do programa Coruña Accesible e Inclusiva, buscan premiar proxectos que se desenvolvan dende este mes de decembro até agosto de 2017 e que conxuguen actividade deportiva e acción social. “A Coruña é unha cidade eminentemente deportiva, pero cunha perspectiva que se basea nas institucións de base, aquelas que promoven os verdadeiros valores do deporte, como son a igualdade e a solidariedade”, destacou o rexedor, quen destacou o compromiso “que está a amosar este Goberno local co fomento do deporte feminino, así como coa accesibilidade á hora de desenvolver as distintas disciplinas”.

Os proxectos financiados desenvolveranse en máis de 20 disciplinas deportivas distintas, dende o rugby até a halterofilia pasando pola hípica, o remo, o triatlón, o tiro con arco ou os deportes de montaña entre outros.

Así, as entidades sociais e deportivas benficiarias son o Club de Halterofilia A Coruña, Club Escola de Tenis Marineda, Club Basquet Coruña, Club de Rugby de Arquitectura Técnica, Agrupación de Montañeiros Independentes, Hockey Club Liceo Coruña, Club Natación
Coruña, Real Sociedade Deportiva Hípica, Sporting Club Casino, Club de Mar de San Amaro, Zalaeta 100tolos, Obra Atlética Recreativa da Cidade Vella, Club Viaxes Amarelle, Sociedade Deportiva As Xubias, Unión Veciñal do Ventorrillo, Victoria Club de Fútbol, Orzán SD, Grumico SD, Club Maristas, Club Instituto Zalaeta, 5 Coruña Fútbol Sala, Clun Balonmán Ártabro, Club
Dobok Escola de Taekwondo, Asociación Deportiva e Cultura Alquimia e Club Torre SD.

Os proxectos que recibiron financiamento abranguen diversos aspectos como a educación en valores á mocidade a través da actividade deportiva, a participación de persoas con diversidade funcional en actividades adaptadas, a participación en actividades deportivas de persoas en situación de exclusión social, fomento da igualdade de xénero e desenvolvemento de accións
solidarias.

Publicado o 27 Xan 2017 en A Coruña.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies