• Segue conectado
  • |

6ª Ruta gastronómica do pincho de Redondela

30 pinchos en 30 establecementos e 10 días para disfrutalos

Redondela | O Pazo de Santa Teresa albergou a presentación dos 30 pinchos participantes nesta sexta edición na que os protagonistas foron os propios hostaleiros que realizaron unha breve presentación dos seus pinchos. Nos foron achegando a súas cociñas na medida na que nos ían contando cómo se elaboran, cal é a singularidade do seu pincho, con que produtos se elabora ou cómo se lle ocorreu a idea e así descubrimos pinchos pensados para celíacos, pinchos que desafían a lei da gravidade para acabar empapados na súa propia salsa, texturas e sabores para sorprender como nunca a un prezo único de 2,75€ con consumición incluída no prezo.

pincho

 

Para seguir a Ruta a demais dos folletos que a clientela poderá atopar en todos os establecementos participantes na ruta poderán acceder a toda a información na APP REDONDELA DE CERCA. Unha nova aplicación para dispositivos móbiles na que ademais de toda a información sobre a ruta do Pincho poderemos atopar información sobre toda a programación cultural e de ocio de Redondela, información sobre a toda a oferta comercial, promocións, ofertas e campañas da hostalaría de Redondela.

Puntuar os pinchos ten premio, as cartillas de selado, dispoñibles nos establecementos ou na web www.empresasredondela.com, permiten participar no sorteo de relaxantes premios: unha noite para dúas persoas ho Hotel Balneario Aguas Santas, con ruta termal, visita a adega Regina Viarum e Tren turístico pola Ribeira Sacra; un pase para o circuito termal Talaso de Baiona con cea para dúas persoas e un pase para o circuito Termal do Balneario Palacio del Agua de Mondariz. Para entrar nos sorteo deste premios so serán necesarios 6 selos e poderán cubrir tantas cartillas como queiras.

Publicado o 21 Abr 2017 en Gastronomía, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies