• Segue conectado
  • |

12 comparsas participarán no desfile de Entroido de Ponteareas

Máis de 1.000 persoas desfilaran o domingo polas rúas de Ponteareas nas carrozas e comparsas de Entroido.

Ponteareas | O Entroido 2017 en Ponteareas será un dos máis participativos dos últimos anos si temos en conta o número de comparsas inscritas, un total de doce, o maior número das últimas décadas, e si atendemos ao número de participantes en cada unha das comparsas e carrozas, a cifra xa suma máis de 1.000 participantes. O desfile percorrerá as seguintes rúas: Concha Brey, Constitución, Praza de Bugallal, Oriente, Praza Maior, Arxentina, Doutor Fernández de la Vega, Reveriano Soutullo, Constitución, Praza de Bugallal, Oriente e remate na Praza Maior onde se procederá á lectura das Coplas do Entroido.

 

Como recoñecemento, recibirán mencións especiais; a mellor carroza, as mellores copla, a comparsa con mellor animación e vestiario. O xurado, responsable de escoller as devanditas mensións, xa foi nomeado pola ducia de comparsas participantes.

As actividades comezarán xa o venres ás 11.00 horas co desfiles do Entroido Escolar polas rúas do centro da vila coa posterior actuación do artista Peter Punk. O domingo o desfile iniciarase ás 17 horas. O luns a partir tamén das 17.00 terá lugar o certame na categoría infantil, primeiro, e posteriormente na categoría adulta. O martes terá lugar un novo desfile de comparsas a partir das 19.00 horas que rematará na Praza Maior, na que se fará entrega dos diplomas e mencións de esta edición.

O Mércores de Cinza terá lugar o velorio da Sardiña diante do Concello a partir das 20.00 horas. De seguido, comezará a procesión do enterro da Sardiña que porá o ramo na Praza Maior, amenizada no seu transcurso pola charanga SDK.

Publicado o 23 Feb 2017 en Ponteareas.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies