XIII Carreira Popular de Monforte o 2 de abril

Non se celebrara en 2020 e 2021

Monforte de Lemos | O Concello de Monforte xa ten data para a celebración da Carreira Popular do ano 2023, e tal como ven de anunciar o alcalde, José Tomé Roca, será o domingo 2 de abril.

Tratase da edición número 13 deste xa tradicional evento, logo de que a pandemia do COVID-19 obrigara a suspender a edición dos anos 2020 e 2021 e se puidera recuperar a edición do ano 2022.

O evento, organizado polo Concello de Monforte a través da Concellería de Deportes, contará cun percorrido de 10 qms para a carreira absoluta, completamente urbano e que transcorrerá polas rúas máis céntricas da cidade, así como percorridos para as carreiras de categorías menores de diferentes distancias en función da idade das persoas participantes “Nos vindeiros días, dende o Concello iremos informando convenientemente sobre aspectos relevantes do evento como o inicio das inscricións, o regulamento da proba, protocolos específicos, entre outros aspectos” indicou o Alcalde.

Dende o ano 2022 o Concello de Monforte conta coa páxina web www.monforte10k.com deseñada especificamente para promocionar e informar sobre a Carreira Popular monfortina, que ademais de conter toda a información do evento e poder realizar as inscricións nel, pódese consultar información de edicións anteriores (inscritos, resultados e clasificacións, fotografías e vídeos, etc.).Na foto, entrega de premios na edición de 2022.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.