Volve a Tomiño o Desafío Terras de Turonio

A proba de BTT-Maratón por parellas e individual de ciclismo

Tomiño | Tras dous anos de receso por mor do Covid-19, o Desafio Terras de Turonio volta con forzas como a gran cita do ciclismo de montaña.

A proba de BTT-Maratón por parellas e individual, que organiza a firma Team Relay en colaboración co Concello de Tomiño, terá lugar o sábado 7 de maio con máis de 450 participantes chegados desde as comarcas do Baixo Miño e Val Miñor, resto do sur de Pontevedra e diferentes puntos de Galicia e Portugal.

Así o indicou Santi Sánchez, responsable da organización na presentación da proba, celebrada esta mañá no salón de plenos do Concello de Tomiño, coa asistencia da alcaldesa Sandra González; a deputada provincial Raquel Giráldez (en representación da Deputación de Pontevedra, entidade colaboradora); o concelleiro de Deportes, Fran Campo e o responsable do ximnasio tomiñés Meu Fit, Mauro Blanco, que facilitará baños, duchas e vestiarios o día da proba.

Nesta edición 2022 haberá dous percorridos: un de longa distancia (104 Km. parellas) e outro de corta distancia (62 Km. individual). A saída será ás 9 da mañá desde a Praza do Seixo, a carón do Concello de Tomiño, patrocinador institucional do desafío.

Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, o punto neurálxico da organización estará situado a tomiñesa Praza do Seixo, punto de saída e meta, desde o cal os ciclistas deberán afrontar un trazado pola Serra de Argallo e da Groba, dous das serras máis importantes do sur das Rías Baixas, que porán a proba a resistencia dos ciclistas, pasando tamén polos concellos de O Rosal, Oia, Baiona e Gondomar.

Ao finalizar a proba haberá duchas, comida e servizo de fisioterapia para todos os participantes.

Como comentou o concelleiro Fran Campo, “na actualidade, o Desafío Terras de Turonio é a única proba das súas características en Galicia, que tras as súas exitosas primeiras edicións, pasou a ser unha cita destacada no calendario a nivel rexional e nacional”.

Desafío Terras de Turonio 2022.
SÁBADO 07 MAIO
Lugar: Tomiño (Praza do Seixo).
Ruta longa
08:00 a 08:45 Retirada de dorsais.
09:00 Saída proba.
14:00 Chegada primeiros participantes.
Ruta curta
08:00 a 09:30 Retirada dorsais.
10:00 Saída proba.
13:00 Chegada primeiros participantes.

PERCORRIDO
PERCORRIDO RUTA CURTA:
Distancia total:
61 quilómetros.
Desnivel positivo acumulado:
1300 metros.
Avituallamientos:
1. Km 17 Goián (Tomiño). Líquido.
2. Km 31 Vilachán do Monte (Tomiño). Sólido | Líquido.
3. Km 50 Vilachán do Monte (Tomiño). Sólido | Líquido.
Puntos craves da proba:
Km 17 ^ Subida “O Muro” (Lonxitude 1km. Dificultade 4).
Km 25 ^ Subida Canteiras (Lonxitude 2’5km. Dificultade 5).
Km 33 ^ Subida Barrantes (Lonxitude 2’9km. Dificultade 2).
Km 36 Tramo “Camiño de cabalos” (Lonxitude 2km Dificultade 5).

PERCORRIDO RUTA LONGA:
DISTANCIA TOTAL:
104 quilómetros.
DESNIVEL POSITIVO ACUMULADO:
2700 metros.
AVITUALLAMIENTOS:
1.Km 17 Goián (Tomiño). Líquido.
2.Km 31 Vilachán do Monte (Tomiño). Sólido | Líquido.
3.Km 52 Mougás (Oia). Líquido.
4.Km 72 Chan dá Lagoa (Baiona). Sólido | Líquido.
5.Km 92 Vilachán do Monte (Tomiño). Sólido | Líquido.
PUNTOS CRAVE DA PROBA:
Km 17 ^ Subida “O Muro” (Lonxitude 1km. Dificultade 4).
Km 25 ^ Subida Canteiras (Lonxitude 2’5km. Dificultade 5).
Km 33 ^ Subida Barrantes (Lonxitude 2’9km. Dificultade 2).
Km 36 Tramo “Camiño de cabalos” (Lonxitude 2km Dificultade 5).
Km 57 ^ Subida Curro de Mougás (Lonxitude 2’4km. Dificultade 5).
Km 80 ^ Subida Groba (Lonxitude 3’5km. Dificultade 4).

REGULAMENTO
O DESAFÍO TERRAS de TURONIO é unha proba BTT de longa distancia que se celebrará o 07.05.2022 e que se pode disputar sobre dúas distancias:
-Distancia longa 104km. (PARELLAS)
-Distancia curta 62km. (INDIVIDUAL)

CATEGORÍAS.
1.Haberá 5 grupos de idade para os participantes na distancia longa (Parellas):
Masculina. Cando a suma das idades dos compoñentes do equipo sexa inferior a 75 anos.
Feminina. Con licenzas da categoría feminina.
Mixta. Cando os compoñentes do mesmo equipo sexan de distinto sexo.
Veteranos. Cando a suma das idades dos compoñentes do equipo supere os 75 anos.
Centenarios. Cando a suma das idades dos compoñentes do equipo supere os 100 anos.
2.Poderanse confeccionar equipos aínda que a categoría ou o equipo que figura na súa licenza sexa distinto.
3.Os participantes da distancia curta (Individuais) dividiranse en masculino e feminino.
4.Recibirán obsequio os mellores tempos de cada grupo de idade e individual.
5.Recibirán tamén obsequio o equipo máis afastado e o de maior idade.

Máis información e inscricións: http://desafioterrasdeturonio.blogspot.com.es/