V edición do Urban Trail Night na Eurocidade Tui-Valença

A celebrarse o vindeiro 27 de novembro
Imaxe da edición de 2019.

Tui | O vindeiro sábado 27 de novembro regresa a Urban Trail Night Eurocidade, a quinta edición desta proba, que tras o parón obrigado pola COVID-19, volve unir Portugal e España, Valença e Tui, nun percorrido de 14Km.

Volven as competicións, volve a normalidade ao mundo do deporte e regresa a Urban Trail Night Eurocidade, unha proba que combina percorrido por asfalto, trail e pedra, unha carreira que une dúas cidades e dúas paises ao longo dos seus 14 quilómetros.

Nesta quinta edición, a Urban, volverá percorrer lugares emblemáticos das cidades de Tui e Valença, con saída na Avenida Miguel Dantas de Valença ás 19 h portuguesa e percorrer a Fortaleza, cruzar a Ponte Internacional que une os dous países e pasar pola zona monumental de Tui para finalizar no Paseo da Corredera.

Nesta quinta edición, a Urban, volverá percorrer lugares emblemáticos das cidades de Tui e Valença.

Esta quinta edición, será unha edición especial, que tras a pandemia e o confinamento regresa o atletismo ao centro das dúas cidades e espérase unha ampla participación chegando aos 500 particpantes e con todas as medidas e protocolos establecidos como prevención da Covid-19.

O prazo de inscrición para a V Urban Trail Night Eurocidade xa está aberto e pode hacerese a través da web www.urbantrailnight.com.