Trofeo Miguelito convocou a case 1.600 judokas no Coliseum coruñés

Contou coa participación da alcaldesa Inés Rey
A alcaldesa Inés Rey participou na inauguración deste certame deportivo.

A Coruña | O Trofeo Miguelito, un clásico do calendario de probas deportivas na cidade da Coruña, volveu hoxe no Coliseum á presencialidade tras o parón da pandemia. Foi a trixésimo terceira edición do certame.

Nesta ocasión, o trofeo escolar, organizado pola Federación Galega de Judo en colaboración co Concello da Coruña, contou coa participación de 1.538 judokas, todos eles menores de doce anos e adscritos a un total de 15 clubes e centros educativos de toda a provincia da Coruña: Edukajudo (460); Judo Club Coruña (216); Fibra (145); UDC (128); Daigoro (125); Ferrolterra (116); Judo Club Oleiros (98); Liceo La Paz (80); Cambre (51); Xogos Amizade (38); Compostela (32); Club Shiai (19); Bergantiños (14); Encontro (9); e Karbo (7).

Os inscritos quedaron repartidos en catro niveis, segundo as súas idades: Educación Infantil; de primeiro a segundo ano de Primaria; de terceiro a cuarto ano de Primaria e, xa por último, de quinto a sexto ano de Primaria. Nos dous primeiros niveis, os pequenos e pequenas iudokas traballaron as caídas e a defensa dos ataques; xa no terceiro e o cuarto nivel, as técnicas en desprazamento.

O trofeo escolar, organizado pola Federación Galega de Judo en colaboración co Concello da Coruña, contou coa participación de 1.538 judokas, todos eles menores de doce anos e adscritos a un total de 15 clubes e centros educativos de toda a provincia da Coruña.

A de hoxe foi unha xornada orientada ao impulso da actividade deportiva entre os máis novos, que demostraron as súas habilidades sobre os tatamis. Durante a xornada, o público achegouse aos 10.000 espectadores, divididos entre as tres quendas nas que se organizou o evento. Ademais, estiveron presentes 150 voluntarios que axudaron á posta en marcha do torneo no retorno ao formato habitual.

“Para o Concello e para o Goberno que presido é unha honra poder contar cada ano con este trofeo e comprobar a implantación que ten un Nota de Prensa deporte como o judo entre a xuventude da nosa cidade e tamén desta provincia. Sabedes que podedes contar con nós para potenciar a práctica do deporte porque ese é tamén o camiño para unha vida máis saudable e plena”, indicou a alcaldesa, Inés Rey, durante a entrega de galardóns, acto no que tamén estivo presente a concelleira de Deportes, Mónica Martínez.

As orixes do trofeo, a finais da década dos oitenta O Trofeo Miguelito, que comezou a súa andaina no ano 1989, e creouse como unha homenaxe a Miguel Ángel López Pérez, un judoka coruñés do ximnasio JK que perdeu a vida con 19 anos. Dende entón, o certame nunca fallou á súa cita anual co deporte da cidade herculina, deixando a semente do judo entre os pequenos e as pequenas participantes.