SD Juvenil de Ponteareas lanza campaña especial de captación de socios

A través da iniciativa Promo Family
A SD Juvenil de Ponteareas lanza a súa campaña de captación de socios a través da iniciativa Promo Family.

Ponteareas | A través da iniciativa “Promo Family”, a SD Juvenil de Ponteareas lanza a súa campaña de captación de socios para a actual tempada 2021-2022 en Terceira División da RFEF.

A campaña consiste en impulsar o Carné de Socio Especial para os 100 primeiros interesados en participar, e que permite vantaxes para asistir aos partidos do SD Juvenil no Campo de Pardellas.

Entre estas vantaxes destacan o acceso á Zona Especial da grada, a figura de “Presidente por un Día” para socio e que pode utilizar no partido que sexa do seu interese, que lle permite realizar o saque de honor, acceso ao palco privado cos seus amigos e familiares, o saúdo aos xogadores, descontos en establecementos asociados e outras sorpresas mais.

 

 

Outros artigos