Salvaterra recibiu ao seu campión piragüista Dani Pérez Cortegoso

Campión de España na Categoría Junior

Salvaterra de Miño | Este xoves 26 de agosto, o Concello de Salvaterra de Miño recibiu a visita de Dani Pérez Cortegoso, o noso veciño Piragüista de Aguas Bravas na categoría de “Slalom”, recén chegado da súa última competición.

Este salvaterrense de 19 anos é todo un campión nun deporte tan espectacular coma sacrificado.

Dani comezou no piragüismo con 12 anos e ao longo destes 7 anos xa ten un palmarés envexable e unha humildade que o levará sen dúbida a colocar o seu nome e o do noso Concello por todo o Mundo.

Entre o seu extendido Palmarés atopamos:
– 3 veces campión de España na categoría Junior
– 10º puesto no Mundial Junior no 2019
– 4º posto no Campionato de España Absoluto
– Campión Galego Absoluto no 2020

Recentemente ven de lograr un 9º posto no Europeo sub-23 que tivo lugar en Eslovenia, sendo un orgullo para toda/os nos.

Pero este rapaz ten moi claros os seus obxectivos de cara o futuro e non se conforma con pouco, xa que se propón chegar a ser medallista mundial no Europeo sub-23, finalista nas Copas do Mundo Absolutas e, coma se fose pouco, quere prepararse para as Olimpíadas de París 2024.