Presentación do VII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade Tui-Valença

Celebrarase o domingo 27 de xuño no Pavillón Deportivo Municipal tudense

Tui | Este martes, 22 de xuño, ás 12.00 horas españolas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do VII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade. Este evento está organizado polo Club Ximnasia e Auga de Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. Celebrarase o domingo 27 de xuño, a partir das 10.30 horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui.

Este acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, a vereadora de Educación da Cámara Municipal de Valença, Elisabete Domingues, así como o presidente da Federación Galega de Kung Fu, Carlos Alonso, o director do campionato, Eduardo Méndez, o director do departamento de Kung Fu moderno da Federación Galega de Kung Fu, Aarón Blanco, Julio Conde, campión do mundo de Kung Fu e Elena Cruces, actual campioa galega de Kung Fu.