Resultados da búsqueda para: BNG

Ana Miranda (BNG) promete en Suíza a apertura dunha oficina da Xunta de Galicia

Aldea Global/BNG | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, mantivo un encontro coa comunidade galega de Suíza, á que animou a apostar polo cambio en Galiza dando o seu apoio ao BNG para que Ana Pontón sexa a vindeira presidenta da Xunta. “Se o BNG acada o goberno da Xunta temos o firme propósito de prestar especial atención aos problemas da nosa emigración na Suíza para resolver, despois de moitos anos, as peticións que a comunidade galega continúa a reclamar”, manifestou. Ana Miranda mencionou diversas propostas do Bloque para dar resposta ás necesidades da colectividade galega. Así, comentou que se o BNG goberna prestará máis atención ás dificultades que teñen os galegos e galegas para homologar os títulos de Formación Profesional, para reducir os longos tempos que pode durar o…
Leer máis

BNG A Guarda denuncia a “inacción” do goberno do PP

A Guarda/BNG | O BNG considera que estamos diante dun goberno absolutamente incapaz de afrontar os grandes temas que son fundamentais para darlle futuro a Guarda nos vindeiros anos. Da parálise na que está instalado o goberno do PP e Fariñas é unha boa mostra, que a día de hoxe, non teñan como mínimo, un borrador dos orzamentos para o ano 2024. No relativo á piscina municipal, non foron capaces de dar un paso adiante en 7 meses. Seguimos sen proxecto de reforma (a pesar de contar cunha subvención de 1.500.000 €), sen pregos de explotación, sendo coñecedores de que a empresa concesionaria anunciou en varias ocasións a intención de deixar de prestar o servizo pola situación de precariedade na que se atopa a piscina. Nada se ten avanzado co…
Leer máis

BNG Ponteareas: “a educación será unha das nosas prioridades”

Ponteareas/BNG | A deputada e candidata do BNG nas vindeiras eleccións galegas, Cristina Fernández Davila, mantivo un encontro con representantes da comunidade educativa de Ponteareas no que trasladou o compromiso do BNG de “renovar as instalacións dos colexios e ampliar aquelas que a día de hoxe non teñen espazo para albergar ximnasio ou comedor” “O compromiso do BNG desde o goberno da Xunta de Galiza é claro: se recibimos a confianza da veciñanza para que Ana Pontón sexa presidenta, os colexios serán unha prioridade. Solucionaremos os problemas que o PP se negou a solucionar durante anos”, aseverou a candidata ponteareá. Fernández Davila sinalou que “o PP leva dende que chegou á Xunta sen facer investimentos nin obras relevantes no conxunto dos centros de ensino ponteareáns. Os colexios, que dependen da…
Leer máis

BNG Mos esixe a participación veciñal nos plenos municipais

Mos/BNG | O BNG de Mos quere incentivar a participación directa da cidadanía na política municipal. O portavoz nacionalista no Concello, Gustavo Barcia, considera que "é necesario modificar o actual regulamento do pleno" para facilitar as intervencións "non só das persoas que desexen intervir a título individual, senón tamén das distintas asociacións veciñais, culturais ou sectoriais rexistradas no concello". Barcia recoñece que "os concelleiros e as concelleiras xa representan á veciñanza que se expresou nas urnas", pero cre que "a veciñanza debe contar tamén con mecanismos para expresar a súa vontade e as súas inquedanzas sen ter que agardar catro anos para poder facelo". Indica, ademais, que "a actual lexislación, tanto estatal como autonómica, habilita á administración municipal para regular este tipo de cuestións e de feito, en moitos concellos…
Leer máis

Luís Bará (BNG) aposta en Ponteareas polo potencial do sector forestal

Ponteareas | Luís Bará (BNG) deputado ante o Parlamento galego e cabeza de lista electoral pola provincia de Pontevedra para as eleccións autonómicas do vindeiro 18 de febreiro visitou a empresa "Hermanos Castro" en Ponteareas para apostar por un novo modelo de produción forestal. Bará eloxiou o traballo desta empresa na "transformación da madeira na produción local" exaltando como un "exemplo do potencial do noso sector forestal". O cabeza de lista nacionalista apostou pola "transformación do sector forestal en productos de valor engadido como a madeira termotratada, para a construción, a nivel escultural, etc". Así asegurou que " BNG fará unha grande aposta polo desenvolvemento do sector forestal e da transformación da cadea da madeira".
Leer máis