Resultados da búsqueda para: BNG

Ana Pontón (BNG): “Comprométome a protexer unha sanidade pública libre de recortes”

Santiago de Compostela/BNG | A candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, comprometeuse a ser a presidenta que protexa a saúde das persoas e libre de recortes a sanidade pública galega logo de 15 anos de “recortes e privatizacións” dun Goberno do PP que deixa a sanidade do País nunha situación de “deterioro brutal”. Na manifestación en defensa da sanidade pública en Santiago, Pontón fixo un chamamento a todas as persoas que participaron da mobilización e a todas aquelas que dende as súas casas “queren máis sanidade pública” a que se mobilicen o próximo 18 de febreiro e apoien ao Bloque porque, segundo recalcou, “co apoio ao BNG podemos derrotar nas urnas os recortes e privatizacións do PP”. “Hoxe estamos aquí nesta mobilización, pero a definitiva é o próximo 18…
Leer máis

BNG Ponteareas denuncia presuntas irregularidades de contratación no goberno de Nava Castro

Ponteareas/BNG | Nos pasadas semanas, o Tribunal de Contas deu a coñecer un informe no que advertía que a Axencia de Turismo de Galicia, dirixida nos últimos dez anos por Nava Castro, recorría baixo a súa dirección ao fraccionamento de contratos para adxudicalos a dedo en lugar de convocar concursos públicos aos que poida optar calquera empresa. Agora, o BNG vén de destapar unha nova trama do PP e Nava Castro en Ponteareas. “Unha das empresas de confianza de Castro, coa que realizaba contratacións en Turismo e que traballou para o Partido Popular, acumula ducias de miles de euros adxudicados a dedo polo Concello nos últimos meses. Deste xeito, o PP e Nava Castro replican as prácticas irregulares polas que foi advertida polo Tribunal de Contas”, sinala a formación nacionalista.…
Leer máis

Ana Pontón (BNG) promete reforzo sanitario no Rosal

O Rosal/BNG | A portavoz nacional e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, proseguiu a súa xira de precampaña cun acto aberto no Rosal, onde aproveitou a súa intervención para destacar algunhas das medidas para este concello e o conxunto da comarca que ten previsto desenvolver o Goberno que aspira a presidir. Pontón avanzou que un Executivo do BNG vai facer investimentos alí onde o goberno do PP fixo recortes, “empezando por reforzar os servizos públicos”. Neste sentido, comprometeu como unha das súas primeiras medidas como presidenta un plan de choque de 200 M€ para rescatar a atención primaria, “para que os centros de saúde teñan suficiente persoal, tamén no Rosal, que sei que hai falta de médicos e médicas porque hai prazas sen dotar e porque non se…
Leer máis

BNG, PSOE e CA apoian a manifestación pola Sanidade Pública

Santiago de Compostela/BNG | O grupo municipal do BNG, xunto cos de CA e PSOE, defendeu no Pleno ordinario de xaneiro unha moción conxunta para apoiar a manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública prevista para o domingo 4 de febreiro en Santiago de Compostela en defensa de 13 medidas urxentes para salvar a sanidade pública galega. Aprobouse cos votos a favor de BNG, CA e PSOE e o PP votou en contra. Segundo explicou a portavoz municipal do BNG, Míriam Louzao, “os últimos datos publicados de lista de agarda que son de 30 xuño de 2023, na área de Santiago-O Barbanza hai case 10.000 persoas esperando por unha cirurxía, case 29.000 agardando por unha consulta e máis de 17.000 por unha proba diagnóstica; é un colapso insostible da sanidade…
Leer máis

O BNG Ourense quere impulsar as producións de calidade

Cea | A cabeza de lista do BNG por Ourense e o número 2, Noa Presas e Iago Tabarés, avanzan as medidas contempladas no programa de goberno da organización para apostar o fomento da IXP, a recuperación das variedades autóctonas de cereal e o impulso das producións de calidade e da transformación das materias primas agrarias. Entre as medidas recollidas destaca tamén o apoio da Administración galega na compra pública de pan galego para comedores con financiamento público, como escolas ou hospitais, e favorecer o relevo xeracional coa incorporación de novos produtores. Durante a visita a un forno en activo en San Cristovo de Cea a organización nacionalista amosou o seu compromiso coa Indicación Xeográfica Protexida (IXP). “Cea é todo un símbolo para Ourense e tamén un símbolo de todo…
Leer máis