Resultados da búsqueda para: BNG

ACiP: “No Concello de Ponteareas volvemos a tempos do pasado”

Ponteareas | Juan Carlos González Carrera, voceiro de ACiP e candidato á alcaldía, cualificou como “moi grave” a xestión que está a facer a empresa adxudicada polo Concello de Ponteareas de “non cumprir” coa prestación do servizo de baleirado das fosas sépticas, unha situación que afecta “a 7.000 veciños” da vila, especialmente no rural. Tras considerar que “o BNG-PSOE goberna de costas aos veciños” obviando a prestación de servizos, González Carrera criticou que a empresa adxudicada para estas funcións desde febreiro de 2021 “non cumpre cos pregos” do contrato establecido co Concello, no que ten a obriga de facer o baleirado “como máximo en 36 horas”. ACiP ten denunciado que existen casos “dun mes sen baleirar” e que a empresa "non baleiraba completamente", segundo constan algunhas queixas dos veciños. Cualificou…
Leer máis

A oposición porriñesa tumba os Orzamentos Municipais 2022

O Porriño | O Goberno Municipal levou hoxe a pleno a súa proposta de orzamentos para o presente exercicio, unha folla de ruta económica que chega a sete meses da investidura deste novo equipo de goberno tras catro anos de prórrogas sen proposta algunha por parte do anterior executivo. Tal e como relatou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “o desenvolvemento da actividade municipal con cargo ao orzamento prorrogado do 2018 dificulta enormemente a xestión diaria impedindo, entre outras cuestións, a prestación regular de servizos básicos ao non contar con partidas. En resumo, non permite dar cobertura ás necesidades básicas do Concello nin da súa veciñanza”. As contas presentadas polo executivo local, que cumpren con todos os requisitos de estabilidade orzamentaria, ascenden a 27.889.763 euros, dos cales 18.602.039 corresponden a actuacións esenciais…
Leer máis

Mos aproba definitivamente o Plan Especial da Cidade Deportiva Afouteza

Mos | O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe en sesión ordinaria do mes de xullo o Plan especial de infraestruturas e dotacións para instalacións deportivas do Real Club Celta de Vigo, S.A.D. A aprobación definitiva do Plan produciuse por maioría, contando cos votos a favor do equipo de goberno local e dos concelleiros non adscritos, Verónica Costas e Román González. Os demais grupos, PSOE, GañaMos e BNG votaron en contra. Trátase da aprobación definitiva do devandito plan que “supón un paso máis cara ao futuro da Cidade Deportiva Afouteza”, segundo declara a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo. O 23 de maio aprobouse provisionalmente en Xunta de Goberno o documento para enviar a Urbanismo da Xunta de Galicia e sobre o que a administración autonómica emitiu o oportuno informe favorable…
Leer máis

Galicia celebrou o seu Día Grande

Santiago de Compostela | A capital de Galicia acolleu este 25 de Xullo as diversas manifestacións e expresións simbólicas sobre o seu Día Grande: o da Patria Galega, que institucional e relixiosamente tamén se celebra como o Día do Santiago Apóstolo. Como xa é tradición, a Praza da Quintana de Santiago de Compostela acolleu a manifestación nacional do BNG polo Día da Patria Galega. E fíxoo cun sentido de proxecto político, aproveitando que este ano celébrase o 40º aniversario da fundación do BNG e albiscando o horizonte electoral 2023 (municipais) e 2024 (autonómicas). A voceira do BNG, Ana Pontón marcou as pautas políticas a futuro, expresando "que somos unha nación (...) galegas e galegos republicanas e non súbditas dunha monarquía corrupta" e considerando que o BNG pretende ser "a forza…
Leer máis

ACiP denuncia a desidia do goberno municipal sobre muro de contención na parroquia de Pías

Ponteareas/ACiP | Xa van dous anos dende que o noso grupo informou da deficiente situación dun muro de contención, que soporta a calzada da parroquia de Pías que conecta co barrio de Souto de Pazo. A pesar de ser unha carreteira cun asfaltado recente, o muro de contención realizado polo Concello foi deteriorándose ata encontrarse nunha situación moi perigosa. Dende que Alternativa Ciudadana de Ponteareas avisou desta situación, o tempo pasou pero o Goberno Local (integrado por Bloque Nacionalista Galego e Partido Socialista) non realizou ningunha actuación a maiores de por valos amarelos e atornillalos o chan para que non caían. A situación é de gravidade, xa que o paso do tempo aumenta a perigosidade da mesma ao agretarse todavía máis podendo causar accidentes de tráfico e danos nos vehículos…
Leer máis