O tudense Gustavo Rodríguez competirá nos Xogos Paralímpicos de Toquio 2020+1

A madrugada do 28 de agosto na categoría de triatlón PTVI

Tui | O triatleta tudense Gustavo Rodríguez competirá, como guía de Héctor Catalá, na madrugada do venres ao sábado nos Xogos Paralímpicos de Toquio. Será en tríatlon para persoas invidentes, unha modalidade na que son actualmente os campións do mundo, e chegan a Tokio 2020 con grandes posibilidades de conseguir unha medalla

O triatlón PTVI conta de 750 metros de natación, 20 quilómetros en bicicleta e 5 quilómetros a de carreira a pé.

A proba terá lugar na madrugada de venres a sábado a partir das 01:30 horas e poderá seguirse a través de streaming.

Gustavo Rodríguez será o oitavo olímpico tudense. Súmase así a listaxe de deportistas do noso concello que participaron en distintos Xogos Olímpicos nos últimos anos.

Outros foron Enrique Míguez, que polo momento foi o único que conseguiu medalla, participou en Los Angeles 84, Seul e Barcelona 92; Pedro Areal en Barcelona 92 e Sydnei 2000; Jacobo Moroño e Jose Ignacio Bugarín en Barcelona 92; Suso González en Atenas 2004; Fran Casañas en Londres 2012 e Óscar Carrera en 2016.

Unha vez máis o deporte tudense brilla no máis alto, con Gustavo Rodríguez participando nas paralimpiadas de Toquio, despois de ter conseguido o Campionato do Mundo xunto a Héctor Catalá poñendo de manifesto o excelente nivel dos nosos deportistas e o bo traballo que están a realizar tanto os clubs coma como as persoas que practican deporte.