O fútbol sala comarcal dase cita en Tui

Este 6 de decembro co Campionato Galego de Seleccións Comarcais de fútbol sala

Tui | Mañá xoves 1, ás 12.00 horas, na casa do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Campionato Galego de Seleccións Comarcais de fútbol sala, organizado pola Real Federación Galega de Fútbol, en colaboración co Concello de Tui e o club A Quinta de Tui Futsal.

Celebrarase durante toda a xornada do martes 6 de decembro, nas instalacións deportivas do Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez, no Pavillón Municipal Vello, e no Pavillón Deportivo do IES San Paio. Participarán máis de 250 xogadores e xogadoras das categorías benxamín, alevín e infantil.

Na rolda de prensa participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol, Fernando Iglesias, o responsable de fútbol sala da federación na área de Vigo, Borja Arca, así como o presidente do club A Quinta de Tui Futsal, Roberto Carlos Vila.